InvestigArte é un concurso de arte visual científico e tecnolóxico dirixido a:
- Grupos de investigación
- Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación profesional
InvestigArte foi ideado por un grupo de investigadores apaixonados da fotografía e a súa utilidade para explicar ás novas xeracións e á sociedade en xeral, as innovacións científicas e tecnolóxicas asociadas aos seus proxectos científicos.
O concurso está organizado por educaBarrié (o canal de comunicación coa comunidade educativa da Fundación Barrié), Campus Vida (o Campus de Excelencia Internacional Liderado pola Universidade de Santiago de Compostela) , o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS, xestionado pola Fundación Ramón Domínguez) e a Universidade da Coruña. Tamén conta co apoio e colaboración especial de ROCHE; todos eles co obxectivo principal de achegar a ciencia e a tecnoloxía á nosa sociedade, a través dun concurso que pretende activar a visión artística e creativa da ciencia de alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional así como dos propios investigadores.
InvestigArte definiu distintas categorías en cada un dos perfís:

- Investigación:
- Macrofotografía (fotografías e/ou vídeos de obxectos maiores a un milímetro)
- Microfotografía (fotografías e/ou vídeos de obxectos menores ou iguais a un milímetro)
- EDUCACIÓN – Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación profesional:
- Fotografía
- Vídeo
- Ilustración
O prazo de presentación iniciouse o 5 de Novembro de 2014 e concluirá o 20 de Xaneiro de 2015, ambos inclusive.
Sem comentários:
Enviar um comentário