quinta-feira, 29 de janeiro de 2015

Concurso “O monte é a nosa vida”


Cofemadera Hábitat Galicia organiza un ano máis este concurso escolar de fotografía, pintura e vídeo en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O obxectivo deste concurso é que o alumnado afonde na singularidade e importancia dos montes galegos e que os traballos presentados reflictan o valor socioeconómico e medioambiental que teñen para Galicia.

Destinatarios: alumnado de ESO e alumnado escolarizado en centros de educación especial de Galicia.
Categorías:
  • Educación secundaria,
  • Educación Especial
  • Plan Proxecta
Data límite de entrega dos traballos: ata o 6 de marzo de 2015.

Sem comentários:

Actividades formativas STEM en inglés

Convocatoria de axudas para realizar actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e ...