segunda-feira, 26 de janeiro de 2015

XII Concurso escolar de debuxos sobre dereitos humanos



Este concurso ten como obxectivo promover o coñecemento dos dereitos humanos entre os escolares españois. Está convocado pola Defensora do Pobo de España, coa colaboración da ONG Globalización dos Dereitos Humanos.

Trátase de que cada alumno/a presente un debuxo orixinal, con calquera material ou técnica nunha folla de papel de tamaño A4, relativo aos dereitos humanos.
  • Destinatarios: alumnado de ensinanza primaria e secundaria e bacharelato de España.
  • Premios: tres para primaria e tres para secundaria (ESO, bacharelato e ciclos formativos de grao medio), consistentes nun ordenador portátil netbook para cada gañador. Os premiados tamén recibirán unha axuda económica para o desprazamento a Madrid para recoller o premio.
  • Prazo de presentación dos traballos: antes do 31 de marzo de 2015.
Pincha aquí para consultar todos os detalles da participación no concurso e para consultar material adecuado sobre os dereitos humanos

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...