segunda-feira, 9 de março de 2015

Concurso Mellor Xornalista Xuvenil 2015


O Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, convoca unha nova edición do Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil, un certame que ten como obxectivo familiarizar aos estudantes galegos coa lectura e manexo do xornal e axudarlles a desenvolver a súa capacidade de exposición e redacción.

No certame, que chega á súa duodécima edición, poderán participar alumnado de infantil, secundaria, bacharelato e formación profesional que, segundo as distintas categorías, deberán demostrar o seu talento xornalístico facendo debuxos, escribindo titulares, redactando noticias ou elaborando entrevistas ou artigos de opinión.

O prazo de presentación de traballos está aberto ata o día 30 de abril de 2015.

Máis información aquí

Bases: pincha aquí



Sem comentários:

"Nunca me pintes costuras nos labios"

Co gallo do Día Contra a Violencia de Xénero , na Biblio o alumnado de Artes Escénicas e Danza de 4º da ESO realizaron unha performance a p...