In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

quarta-feira, 4 de março de 2015

Miradas al mundo

O pasa O pasado luns estiveron con nós dous membros da ONG Miradas al mundo. Deixamosvos aqui a aportación de Borja :

Países ricos e pobres ó mesmo tempo



Que é o segundo mundo? pregúntase Bebé, un membro da ONG que veu para darnos unha conferencia.
 Bebé, así o chaman ,tamén ten unha historia no seu corazón, unha historia persoal que estivo a piques de afundirse, mentres que o caiuco como el o chama, intentaba atravesar o mar que o levaría a España, terra na que moitos esperaban atopar árbores nos que medraba diñeiro. Agora sei que o diñeiro non é tan necesario, é máis importante coñecer e aprender, respetarse uns ós outros e ter amigos e familia na que confíar.


 O país no que a ONG traballa, Guinea Bissau -é o quinto país máis pobre do mundo, é pobre por non ter apenas escolas, nin  estabilidade política, ou outros recursos ... Aínda que o país é rico máis que calquera outro, xa que os seus valores, o respecto, a solidariedade, a familia ... aínda están en pé e constitúen e gobernan, como a maior lei, o  seu día a día.
 No vídeo ilustrativo  aparecían nenos e nenas con nomes e apelidos, nenos coma nós que gozan e queren aprender e ir á escola. Non se pode pagar, non hai diñeiro para pagar, aos pais e os profesores-di- porque son eles quen nos ensinan a vivir; quen  non sabe nada é un burro e...que vai facer un burro?
 Estes nenos, a diferencia de nós, queren ter clase e queren unha mochila, deséxana tanto como...ningún exemplo pode servir, porque as ilusións típicas do neno pequeno,desapareceron. Alí non hai Reis Magos, e aquí -engade unha cooperante lucense da ONG- a ilusión de abrir un agasallo non dura nin tres décimas de segundo na cara dun mozo.
 De feito, alí, moita xente non pode ir á escola porque están obrigados a traballar e , para chegar ao lugar onde aspiran a aprender todas as letras, (palabras exactas dunha rapaza que apareceu no soporte audiovisual) téñense que desprazar moitos quilómetros .
 As tarefas para o traballo no campo -modo e maneira de  sustento- repártense entre homes, mulleres, nenos e nenas; estas deben quedar na casa para coidar dos irmáns máis pequenos.
 Deberiamos e, en realidade, debemos axudar os países pobres e ricos á vez,a que poidan conseguir o cumprimento de certos dereitos e melloras que o seu goberno non pode ou non quere; pero tamén  deberiamos aprender deles, pois estou seguro que poden ensinarnos moitas cousas que teriamos que adquirir para alcanzar un mundo sen divisións, solidario e disposto a escoitar e axudar ó próximo.
Eu son rico, moi rico, pero non no peto senon no corazón, conclúe Bebé , que agora di ser feliz distribuíndo libros e outros materiais na súa furgoneta en lugares onde a bicicleta é un luxo e onde estes obxectos son recibidos cunha ilusión permanente, incluso máis de 15 días ...

Borja Núñez Gómez 4º ESO B




Sem comentários: