quinta-feira, 16 de abril de 2015

Concurso "¿Qué significa para tí una Europa unida?"


A Comisión Europea organiza este concurso de vídeo titulado “¿Qué significa para ti una Europa Unida?” para mozas e mozos de entre 13 e 15 anos de idade dos Estados membros da Unión Europea ou dos países candidatos e os posibles candidatos do sueste de Europa.

O vídeo tratará os beneficios de que Europa sexa un espazo común, sen barreiras, cun continente unido en torno a valores e obxectivos comúns e a súa duración será máximo de 1 minuto.

Cada xurado nacional seleccionará un vídeo de cada país. Os gañadores serán invitados a Bruxelas, onde terán a oportunidade de coñecer a cidade e as institucións europeas, así como a mozos e mozas de toda Europa.

O prazo para enviar os vídeos finaliza o 17 de mayo de 2015.

Máis información : aquí (inglés), aquí (francés), aquí (alemán)


Sem comentários:

"Nunca me pintes costuras nos labios"

Co gallo do Día Contra a Violencia de Xénero , na Biblio o alumnado de Artes Escénicas e Danza de 4º da ESO realizaron unha performance a p...