Un Programa, como sempre de alto nivel: Elisa Yuste, Ana Basterra, Carracedo...grandes figuras do mundo da educación, cultura e ciencia aos que sempre é un auténtico goce escoitar. Tamén compañeiros dos que aprendemos moitísimo, xa que combinan o seu labor docente coa diversidade de actividades que hoxe as bibliotecas escolares abranguen. Pilar Sampedro e Cristina Novoa tiveron a ben convidarnos e non puidemos negarnos ante dúas persoas que fan unha gran traballo e que tamén se expoñen continuamente ás nosas queixas, críticas ou desesperación.
Elisa Yuste falando de Competencia Dixital dinos que hai un 11% de lectores dixitais en e-books, un 78% de conexión a internet diaria e un 67´6% de lectores dixitais en España. O reto da tecnoloxía é a procura das emocións: prendas de roupa que detectan sentimentos, libros que só se deixan ler se detectan que estás preparado para facelo.
Ana Basterra abre o seu relatorio co vídeo que segue: Pipas, non ten desperdicio.Abanderada do aprender facendo, de ir cara ao sentimento, valores, empatías e a equidade.
Pide bibliotecas alegres, espaciosas, con wifi, libros en papel, dixitais, ordenadores, tablets...para poder pensar, ensaiar, compartir, expoñer, xogar e sentir.
Angel Carracedo cóntanos que na Ciencia trabállase en consorcio. Critica o sistema educativo que prima a memorización e non a creatividade e curiosidade. O sistema educativo debe ir cara ós valores, sentimentos e socialización.
A tecnoloxía, a educación, a ciencia piden sentimentos.
Materiais interesantísimos que deixamos aquí ao alcance de todos: Materiais
Sem comentários:
Enviar um comentário