A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), en colaboración con educaBarrié, convoca o V Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por alumnado galego.
Entre os obxectivos desta iniciativa están "fomentar o ensino e aprendizaxe da Estatística nos niveis educativos non universitarios" e "difundir a importancia e utilidade da Estatística e a Investigación de Operacións na vida real e en tódalas disciplinas académicas". E isto farase mediante a realización dun proxecto de Estatística e/ou Investigación de Operacións, con datos dunha sondaxe, dun plan experimental para comparar dous produtos/tratamentos ou mediante a explotación de bases de datos dos institutos oficiais de estatística (EUROSTAT, INE, IGE, etc.).
Categorías e destinatarios:
- A) 1º e 2º da ESO
- B) 3º e 4º da ESO e PCPI
- C) bacharelato e ciclos formativos de grao medio
Tema: libre
Premio: para o centro, diploma acreditativo; para o docente que titorice o proxecto e para o alumnado participante, material informático para o alumnado participante.
Prazo para inscribir os traballos: do 1 ao 15 de abril de 2015
Entrega dos traballos: do 16 ao 30 de abril de 2015
Fallo do premio: do 23 ao 31 de maio de 2015

Para participar no concurso é preciso que a persoa titora do proxecto cubra o formulario de inscrición aloxado na páxina web de SGAPEIO entre o 1 e o 15 de abril de 2014. Cada grupo participante debe enviar o informe do seu proxecto ao correo electrónico premio@sgapeio.es, en formato .pdf, preferiblemente, entre o 16 e o 30 de abril de 2013.
Bases do concurso: pincha aquí
Sem comentários:
Enviar um comentário