segunda-feira, 26 de outubro de 2015

O Samaín xa está aquí!!

UNHA SEMANA DE MEDO... 

                                                                     NA BIBLIOTECA!!! 

    AULAS TERRORÍFICAS

Contamos, como nos últimos anos, coa implicación total do Ciclo de Educación Física dirixido por Carmela Mendo, así como coa inestimable colaboración do EDNL, dirixido por Javier Gómez, e o Departamento de Música. Suxerimos engadades ás vosas aulas adornadas algún pastel terrorífico (se vai coa receita, mellor!), unha canción, un baile, posters ou cabazas...


Xa está aí o Samain ou Ano Novo Celta , agora reconvertido en Halloween!
Homenaxeando  tradicións antigas e actualizando un concurso que, desde hai seis anos,convocámosvos para participardes (non só o alumnado) nesta edición, atendendo ao que segue:
1. Tipos de participación ( sempre na aula):


  • Cabazas adornadas
  • Decoracións de aulas
  • Disfraz máis orixinal.
  • Doces terroríficos.
2. Datas e lugar  para anotarse os participantes: 
Desde o luns, 26 de outubro, ao mércores 28 de outubro, en conserxería.
3.Visita do xurado polas aulas: 
Dende primeira hora do xoves o xurado percorrerá as aulas
4. Cortos de medo na Biblioteca!       Recreos do mércores 28 e xoves 29
5. Entrega de premios: 
Xoves 29 de outubro, durante o recreo, na biblioteca. 
Contaremos coa actuación estelar do grupo dirixido por Belén Gato, interpretando O conxuro das meigas.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...