Desde o ano 2006 a sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEEC) organiza un concurso on line de cultura clásica que cada ano versa sobre un tema e onde aparecen preguntas relacionadas cos currículos de Cultura Clásica, Latín e Grego que se imparten en Secundaria. O concurso ten dúas fases: a primeira autonómica e a segunda estatal onde compiten os vencedores de cada autonomía ou sección.
A inscrición será desde o 1 de decembro ata o 26 de xaneiro de 2016. O concurso terá lugar entre os días luns 1, martes 2, mércores 3 e xoves 4 de febreiro (primeira fase), e os días mércores 17 de febreiro e mércores 2 de marzo de 2016 (desempate local e fase final estatal respectivamente), segundo se detalla nas bases e calendario do concurso.
Nesta edición participarán as seccións da SEEC de Cádiz, Córdoba, Granada, Málaga e Sevilla, Aragón, Canarias, Galicia, Extremadura, La Rioja, Valencia-Castellón e de Alacant, Valladolid, e a Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya (APLEC).
Navegaremos nesta nova aventura de ODISEA 2016 achegándonos a un novo tema: “La guerra en Grecia e Roma”.
Animamos unha vez máis a todo o profesorado e alumnado de Cultura Clásica, de Grego e de Latín a participar no concurso coa ilusión renovada de contribuír así á pervivencia das clásicas no ensino secundario.
ODISEA 2016 “A guerra en Grecia e Roma”
Inscrición
Poden participar todos os alumnos que así o desexen, tanto de centros públicos coma privados, formando equipos de 3 alumnos como máximo. A inscrición realízase no período estipulado nas bases pola organización cubrindo un sinxelo formulario "en liña", dende a propia páxina do concurso: http://www.odiseaconcurso.org

Todos os equipos teñen que ter un profesor responsable. Un profesor pode representar varios equipos.
O Concurso
O concurso ten 2 fases, autonómica e estatal. A primeira dura 4 días (1, 2, 3 e 4 de febreiro) e consiste en responder, dende a páxina web deste, a unha serie de preguntas de resposta única, distribuídas do seguinte modo.

- Primeiro día: 3 preguntas de mitoloxía (luns 1 de febreiro).
- Segundo día: 3 preguntas sobre vida cotiá en Grecia e Roma (martes 2 de febreiro).
- Terceiro día: 3 preguntas sobre Historia e Institucións grecolatinas. (mércores 3 de febreiro).
- Cuarto día: día do preguntón. Formúlase unha serie de preguntas-pista e un preguntón, así chamado por ser de maior dificultade. A resposta do "preguntón" vén dada polas iniciais das respostas correctas das preguntas pistas. Estas tratan sobre Literatura grecolatina. (xoves 4 de febreiro).
Unha vez rematado o concurso, se se produce un empate entre varios equipos, algo habitual, celébrase un desempate entre eles nunha sede designada pola organización e baixo a supervisión dun membro desta. Será o mércores 17 de febrero.
Fase estatal
Os gañadores da fase local compiten entre sí simultáneamente desde os seus centros, sempre coa supervisión dun miembro de la organización. Será o mércores 2 de marzo.
Os gañadores da fase local compiten entre sí simultáneamente desde os seus centros, sempre coa supervisión dun miembro de la organización. Será o mércores 2 de marzo.
O tema
Nas últimas edicións elíxese un tema relacionado coa Antigüidade, que serve como fío condutor durante todo o concurso. En 2011 foi "A muller", no 2012 "As viaxes", no 2013 "A Educación" e no 2014 "O teatro en Grecia e Roma", no 2015 "O amor en Grecia e Roma". Para o 2016 o tema é “A guerra en Grecia e Roma”
Novidades e Calendario da edición 2016
Nesta edición contamos con dúas importantes novidades:

- O factor tempo. O tempo só conta a partir das 9:30 do xoves 4 de febreiro, día do preguntón. A clasificación dos tres primeiros días realizarase en base aos puntos obtidos e a orde alfabética dos nomes dos equipos.
- As horas do concurso. A raíz da incorporación de Canarias, agora as preguntas sairán publicadas ás 9:30 os catro primeiros días do concurso e o preguntón de desempate e o da final Estatal serán de 17:00 a 20:00 horas.
Premios
Os gañadores de cada sede reciben os premios en metálico designados pola organización local, na contía e número que ela decida (hai sedes que outorgan 3 premios, outras 6, etc.)
Ademais, o gañador da fase estatal recibe outro premio achegado a partes iguais polas sedes participantes.

Sem comentários:
Enviar um comentário