quinta-feira, 21 de janeiro de 2016

Bolsa do Instituto de Verán Benjamin Franklin 2016


A Embaixada dos EUA en España ofrece unha bolsa para participar no Instituto de Verán Benjamin Franklin, un programa financiado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos para promover as relacións entre as novas xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos. O programa académico que se seguirá centrarase nun tema específico, como a resolución de conflitos, o emprendemento social ou a protección do medio ambiente. A estadía terá lugar a finais de xullo de 2016. Como requisitos para as persoas que queiran solicitar esta bolsa están os seguintes:
Destinatarios: alumnado entre 16 e 18 anos
Requisito académico: nota media de notable no expediente académico
Requisito lingüístico: nota media de sobresaliente no coñecemento do inglés
Para obter máis información sobre o proceso de solicitude, pinchar aquí
Data límite de solicitudes: 26 de febreiro de 2016 (18:00 horas)

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...