A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca o certame Cooperativismo no Ensino 2016 dirixido aos centros educativos de Galicia, co obxectivo de difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
Actividades cooperativizadas dirixida ao alumnado de educación secundaria obrigatoria:
O alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria poderá presentar a este concurso as memorias de actividades realizadas cooperativamente por grupos de alumnos ou alumnas (mínimo 3). As actividades poderán consistir, entre outras, viaxes de ampliación de estudos, festivais de fin de curso, campionatos deportivos, xornais, páxinas web, programas de radio ou obras de teatro.

- Categoría E: alumnado do primeiro ciclo da ESO.
- Categoría F: alumnado do segundo ciclo da ESO.
Un premio ao mellor traballo por categoría: material audiovisual ou informático, por un valor total equivalente a 2.000 €.
Un accésit por cada categoría: as persoas autoras de cada traballo premiado recibirán materiais didácticos, audiovisuais ou informáticos, por un valor total equivalente a 1.000 euros.
O prazo de presentación dos traballos remata o día 15 de maio de 2016.

Pódese tramitar en https://sede.xunta.es/ no procedemento TR802O
Máis información na ligazón á convocatoria no DOG do 30 de decembro de 2015: pincha aquí

Sem comentários:
Enviar um comentário