quinta-feira, 28 de janeiro de 2016

Concurso sobre dereitos humanos

O Defensor do Pobo convocou a escolares de toda España para que participen na XIII Edición do seu concurso de debuxos sobre dereitos humanos.

Este concurso ten como obxectivo achegar a nenos e novos o coñecemento dos dereitos humanos e o fomento dos valores democráticos.
Poderán participar todos os alumnos de ensinos Primaria e Secundaria de España.Para poder participar no concurso cada alumno deberá presentar un debuxo orixinal, con calquera material ou técnica, relativo aos dereitos humanos. O debuxo presentarase nunha folla de papel de tamaño A4.
Establécense seis premios: tres para Primaria e tres para Secundaria (ESO, bacharelato e ciclos formativos de Grao Medio), consistentes nun computador portátil netbook para cada gañador.
Os traballos candidatos ao premio faranse chegar, antes do 31 de marzo de 2016.

Máis información: pincha aquí

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...