A Emigración galega: encontro interxeracional
Os alumnos de 2º D de ESO participan no proxecto “O valor da
experiencia. Nós tamén fomos emigrantes”
que está desenvolvendo en toda Galiza
Afundación (Obra social de Abanca). Nesta primeira xuntanza varias persoas maiores
compartiron con nós as súas experiencias como emigrantes. Proximamente, serán
estes alumnos (despois dunha investigación familiar) os que expoñan vivencias
similares.
Por Ana Mª Gómez Sánchez 3ºA
O pasado mércores, catro persoas visitaron o noso centro para falar das
súas experiencias no estranxeiro aos alumnos de 2º da ESO, organizado pola nosa
profesora Esther e o noso director, Ramiro. Pero no eran catro persoas
correntes; tras esas catro caras, había tres sorprendentes e diversas
historias, todas cun factor común: a emigración. Raquel, unha das invitadas,
resaltaba que, hoxe, os rapaces e rapazas emigramos con maior facilidade ca eles dado que levamos
cartos e unha ampla formación a nivel lingüístico e laboral co que eles non
contaban.
Tras expoñer cadansúa presentación, José Luís, Raquel, Jesús e
Asunción, procederon a contarnos as súas apaixonantes vivencias.
José Luís, cubano de nacemento,
emigrara coa súa muller á Habana , e logo a Nova Jersey, preto da cidade
dos rañaceos para traballar nun porto onde podía divisar todo Nova York. Tras
algúns problemas e tras pasar seis semanas sen a súa dona, conseguiron iniciar
unha nova vida e poder así, retornar a Galicia.
Raquel, unha asturiana nacida no rural, marchou con seus tíos da Coruña
por necesidade e por ganas de abandonar aquel pequeno recuncho esquecido no
que nin Deus se fixara, segundo ela. Alí, casara e, tras ter negocio de seu,
tivera que mandar á maior das súas tres fillas de volta a Galicia debido á
violencia que medraba en Venezuela. Logo de botar alí un tempo, decidiron
voltar á súa terra.
A historia de Jesús está chea de rebeldía e desexos de aventura. Jesús contábanos
como foi a súa emigración a Bilbao, onde tiña familia, e como ao cambiar de
traballo, cousa moi habitual naquela época, tiña a oportunidade de viaxar.
Contábanos tamén o moito que lle gustara Sudáfrica e o medo que pasara en Iraq.
Tamén que, logo de separarse, voltara a Galicia, xa xubilado.
Pero, ao mellor, a historia que máis nos impactou foi a de Asunción. A
historia dunha muller que tivo que facer de tripas corazón, e que tras loitar
contra innumerables adversidades coa axuda dun home maño (aragonés), o seu anxo da garda, lograra voltar a Galicia, para desgraciadamente darse de conta
de que as cousas aquí eran moi diferentes a aló, no Canadá (Montreal).
Houbo moitas preguntas por parte dos alumnos de 2º da ESO, que foron
resoltas por eles de forma que os alumnos sentiron máis de preto un fenómeno
que dende sempre nos marcou aos galegos: a emigración. Deste xeito, coñecemos
catro historia que de seguro non esqueceremos e nos farán pensar no afortunados
que somos.
Sem comentários:
Enviar um comentário