sexta-feira, 22 de abril de 2016

Amigos


ENTREVISTA DE BORJA  A JUANDA

BORJA: Recentemente gañaches o Premio á Superación Persoal. Sénteste recompensado co galardón?
JUANDA: Só en parte. O mellor sería que eu non tivese que ser compensado.
B: Nalgún momento durante a cerimonia sentiches vergoña ou, mesmo cando cando saíches no telexornal?
J: Vergoña non. Tiven medo pola imaxe que se ía transmitir, non sempre me sinto identificado co que os demais pensan de min.
B: Logo, pódesme dicir que sentimentos tiveches neses momento nos que eras o centro de atención?
J: Orgullo, porque me pareceu unha forma de recoñecer o meu traballo, e alegría porque recibín moitísimas mensaxes de felicitación. Non me imaxinaba que tanta xente me fora manifestar o seu apoio.
B: Que palabras usarías para definir a nosa amizade?
J: Honesta, especial. Moi enriquecedora.
B:Entre todos os momentos máis graciosos, cal elixirías para o recordo?
J: As clases de Lengua con quen ti sabes...Sempre me río cando as recordo!

ENTREVISTA DE JUANDA A BORJA

JUANDA: Ti tamén gañaches un premio, sentíaste con posibilidades de gañalo?
BORJA: Certamente gañei un segundo premio sobre xeoloxía. A dicir verdade, a xeoloxía non é a materia que máis me apaixoa e non contaba con gañar nada nesa competición, pero, aínda así, quero agradecerche a ti e a todos aqueles que depositaron ( Hortensia, a miña profe) e seguen depositando tanta confianza en min. Ese apoio incondicional sempre se agradece.
J: Eu a simple vista non parezo un rapaz coma os outros. Por que decidiches facerte amigo meu?
B: Pois éche unha boa pregunta... A mellor resposta é que nin decidín nin deixei de decidir. Xa sabes... son cousas que aparecen sen que requiran unha planificación previa.
J: Nalgunha situación pasouchese pola cabeza rompela?
B: Xamais! Nin a mera pregunta. Que sentido tería perder un bo amigo?
J: Cres que a nosa amizade seguirá manténdose no futuro?
B: Hoxe en día dispoñemos de suficiente tecnoloxía como para manternos en contacto aínda que son separen moitos quilómetros, polo que teño as miñas razóns para pensar que seguirá. Maloserá, ou?


Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...