Carlos Álvarez Nieto, 2ª D
Hai uns
meses, a miña clase e mais eu tivemos a sorte de poder reunirnos coas persoas
da terceira idade do centro de xubilados de Afundación (Obra social de Abanca). Nese encontro, onde
aprendemos moitas cousas, puidemos escoitar as historias que eles nos relataron
sobre as súas vivencias, experiencias e emocións con respecto á emigración. Foi
una reunión do máis agradable onde nós lles fixemos toda clase de preguntas
relacionadas coa súa experiencia. Sen dúbida, un encontro inesquecible.
Pero máis
recentemente, hai xa unas semanas, fomos nós, os nenos e nenas da clase de 2º
de ESO D, a excepción dunha compañeira,os que expuxemos as nosas propias
historias, tamén relacionadas coa emigración. A excepción dalgúns casos dos que
xa falaremos, non foron os nosos compañeiros os que viviron a experiencia para
contala, senón que, máis ben eles só son os “mensaxeiros” dunha historia que os
seus avós, pais ou tíos seguro que lles contaron con gusto; dunha historia que
agora eles nos relatan, e que tanto o resto de compañeiros como os maiores
escoitamos con atención.
Comezou a
exposición Natalia Barreira, quen nos contou a historia dos seus avós. Eles
emigraron a París. Alí naceu a súa nai, e cando esta xa era adolescente
voltaron a España.
A seguinte
foi Sandra González, quen compartiu con nós dúas historias. A primeira foi a do
seu avó, que marchou cara ao País Vasco. A segunda e máis recente protagonízaa
a súa curmá, que vive en Londres actualmente.
A continuación,
Ana Gómez, compañeira de terceiro da ESO, relatounos tres historias moi duras,
tamén protagonizadas polos seus avós. Comezou falando dos seus avós paternos,
onde o seu avó emigrara a Cuba, e a súa avoa fora emigrante en Austria,
sufrindo alí a II Guerra Mundial. Por outro lado, os seus avós maternos
emigraron a León, onde o seu avó traballaría nas minas.
Galo
Martínez, o seguinte en falar, contounos una historia de ida e volta. O seu avó
emigrou á Arxentina, sendo case un adolescente, xusto ao rematar a Guerra Civil
Española. Alí coñecería á súa avoa, e máis tarde nacería o seu pai. No ano
2002, voltarían todos para España, pretendendo darlle un futuro mellor ao seu
neto, Galo.
A seguinte
historia, contada por Oumaima Laabid, é una historia que tamén a involucra a
ela, pois está a vivila nestes tempos. Seu pai emigrou dende Marrocos a Francia
e Italia, antes de instalarse definitivamente en Galicia. Tempo despois,
conseguiu traer a Lugo ao resto da familia, que agardaba en Marrocos, entre os
que se atopaba Oumaima. Na actualidade, motivado por diversas causas, o seu pai
tivo que volver a emigrar, esta vez a Londres.
Coa historia
de Oumaima concluía a parte na que estes cinco compañeiros nos contaban as
historias que tiñan.
Penso que
todos a prendemos algo destes relatos, e cando digo todos, refírome a todos.
Pois, non só os maiores e o resto de compañeiros aprendemos cousas, senón que
eles mesmos tamén descubriron que dentro da súa familia hai verdadeiras
crónicas con moitas máis aventuras das que pensaban.
Despois da
exposición dos relatos, organizámonos en catro grupos para falar e reflexionar
sobre este tema que é a emigración, en cada grupo ía un dos membros da terceira
idade. No meu grupo estaba Jesús. Eu non sei como lles foi aos outros grupos,
pero dende logo o meu estivo cheo de diálogo todo o tempo. Non había palabra
que non fose interesante, e sempre estabamos debatendo as diferentes cuestión
que se nos propoñían. Sen dúbida, una experiencia para non esquecer.
Quero
rematar dándolle as grazas a Jesús, José Luis, Raquel e Asunción, que foron os membros
da terceira idade que no relataron as súas aventuras, e a todos os compañeiros
que tamén nos contaron as súas, que fixeron un gran esforzo buscando historias
coas que tanto aprendemos. Moitas grazas a todos!
Sem comentários:
Enviar um comentário