quarta-feira, 3 de maio de 2017

A boca do monte


A boca do monte é unha novela de Celia Díaz Núñez que xa podes atopar na biblioteca, na nosa sección de novidades.
A autora dinos que hai xestas que parecen imposibles de facer. E hai épocas pensadas para ese tipo de momemtos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construcción dun tunel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia, sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravizar. Pero malia a situación, sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade.
Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos. Pero tamén pola Roma imperial e grande que, tamén, puxo as súas gadoupas na nosa terra.

Sem comentários:

Obradoiro de Microcine.

Comezou este luns un obradoiro de dúas sesións na Biblio: "Obradoiro de Microcine" , a cargo do realizador e mestre Leandro Escud...