quinta-feira, 4 de maio de 2017

Certame A liga da Igualdade


Descrición
O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades (IMIO) organiza o Certame A liga da Igualdade, dirixido á poboación infantil e xuvenil de entre 6 e 20 anos de toda España.
Obxectivo
Fomentar unha repartición equilibrada de tarefas entre mulleres e homes, así como no uso do tempo, promovendo a compatibilización entre a vida persoal, familiar e laboral.
Prazo
A data límite será o 3 de xuño de 2017 ás 14:00 horas.
Participantes
O certame está aberto a todas aquelas persoas (de forma individual ou a través de grupos ou centros escolares) con idades comprendidas entre 6 e 20 anos, residentes en España e que cumpran cos requisitos establecidos en cada categoría de participación.
Modalidades
Poderase participar en todas ou nalgunha das tres modalidades do certame:
  • Fotografía: cada participante poderá presentar cantas fotografías desexe. As fotografías presentaranse de forma individual por participantes con idades comprendidas entre 6 e 20 anos. Os nenos e nenas de entre os 6 e 12 anos participarán na categoría infantil. As e os mozos de entre 13 e 20 anos participarán na categoría xuvenil.
As fotografías serán inéditas e orixinais e han de reflectir a igualdade e o traballo en equipo dentro da familia.
  • Deseño de camisetas: cada participante poderá presentar cuantos deseños de camisetas desexe. Os deseños presentaranse de forma individual por participantes con idades comprendidas entre 6 e 20 anos. Os nenos e nenas de entre os 6 e 12 anos participarán na categoría infantil. As persoas participantes con idades comprendidas entre 13 e 20 anos farano na categoría xuvenil.
Os deseños serán inéditos e orixinais e deberán incluír un slogan sobre a igualdade e a corresponsabilidade.
  • Vídeos: cada participante poderá presentar cuantos vídeos desexe. Os vídeos presentaranse de forma individual ou en grupos (máximo 3 membros) por participantes con idades comprendidas entre 6 e 20 anos. Os nenos e nenas de entre os 6 e 12 anos participarán na categoría infantil. As persoas participantes con idades comprendidas entre 13 e 20 anos farano na categoría xuvenil.
Os vídeos serán inéditos e orixinais e consistirán nunha curtametraxe sobre a igualdade e a corresponsabilidade. Non se establece unha duración determinada.
Premios
Cada un dos autores ou autoras das obras gañadoras recibirá os seguintes premios (non canxeables por outro obxecto ou diñeiro en metálico):
  • Fotografía: iPad mini. Wi-Fi. 32GB
  • Deseño de camisetas: seis (6) camisetas serigrafiadas co deseño/logo gañador.
  • Vídeo: Videocámara Outdoor - GoPro Hero. 8 megapíxeles (unha videocámara para cada integrante do equipo ata un máximo de 3).
Bases: aquí.



Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...