terça-feira, 20 de junho de 2017

Concurso `L´Europa inizia a Lampedusa´


Descrición
O Goberno italiano convoca un concurso dirixido a alumnado de centros de secundaria dos diferentes países europeos. Esta iniciativa enmárcase dentro do proxecto Europe begins in Lampedusa, que se celebra por segundo ano, e que se centra na migración, os refuxiados, os solicitantes de asilo e o dereito internacional humanitario.
Participantes e prazo
Alumnado de 16 a 18 anos que estea matriculado nun centro de secundaria dun país europeo. Os traballos deben ser presentados polo titor e deberán ser enviados por Wetransfer antes do 27 de xuño de 2017.

Modalidades
O concurso articúlase en tres seccións:
  • Artes literarias. Poderanse presentar traballos literarios (poesía, novela, conto, etc.) non superiores a 4.500 caracteres en lingua inglesa.
  • Artes visuais. Esta sección inclúe imaxes de pintura en papel ou lenzo, debuxos ou cómics realizados con calquera técnica ou material e que non superen os 35×50 cm. Tamén se inclúen nesta sección fotografas en formato .jpeg ou .png cunha resolución mínima de 1024×768, que poderán tomarse calquera dispositivo (cámara, teléfono móbil ou tableta).
  • Multimedia. Nesta sección poderanse presentar vídeos con extensión .avi ou .mp4 cunha duración máxima de 5 minutos, unha páxina web, unha app, ou un libro electrónico. Este material debe enviarse nun CD-Rom ou DVD e debe funcionar nos buscadores máis comúns (Internet Explore, Mozilla Firefox, Google Chrome, etc.).
Requisitos
Todos os traballos deben ir acompañados dun resumo dunhas 300 palabras en inglés e deben cumprir coas leis europeas de copyright, ser orixinais e non ser publicadas.
Os 9 centros que sexan seleccionados serán convidados a participar nas actividades que se desenvolverán en Lampedusa do 30 de setembro ao 3 de outubro de 2017. Os gastos de viaxe e aloxamento estarán cubertos polo MIUR (Ministero dell'Instruzione dell'Università e della Ricerca).
Máis información: aquí

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...