quinta-feira, 22 de junho de 2017

Diplomas aos Voluntarios da Biblioteca Escolar, Concurso Hora de Ler e Mellores usuarios..

Hoxe chegaron os diplomas para @s nos@s axudantes da Biblioteca. E hoxe fixémoslles entrega dos mesmos. Moi contentos por ter recibido este recoñecemento ao traballo de todo o curso realizado colaborando na Biblio e tamén moi contentos nós por ter compartido con eles tarefas e responsabilidades.
Esperamos que o curso que vén queiran repetir!

Igualmente a semana pasada fixemos entrega dos premios do "Concurso da Hora de Ler", resultando gañadora a aula de 1ºC do Diploma ao mellor Caderno de Lectura e a aula de 1ºD á mellor Biblioteca de Aula.
Tamén fixemos un recoñecemento aos mellores usuarios da Biblioteca durante todo o curso, Xiana Fragueiro Villar, David Fernández Barral e Jordania Romina Loa Boyan, que moi tímidos eles non quixeron facer un posado completo para a foto.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...