Xa comezamos coa campaña das Mochilas Viaxeiras, visibilizando en que consisten e a boa idea que supón cargarse de libros para o verán.
Quen queira ir pensando en que libros poderá levar este verán xa pode comezar a facer unha listaxe para nos solicitar na Biblio. Pero por se acaso necesitades axuda para configurar a vosa lista, preparamos no corredor unha mostra dalgúns dos títulos que quizais poidan ser do voso interese, suxestións lectoras estivais.
Sem comentários:
Enviar um comentário