quinta-feira, 23 de novembro de 2017

Contra a Violencia de Xénero.

Na Biblio estamos con diversas tarefas entre mans para expresar a nosa repulsa á violencia e desigualdade de xénero. Algunhas en colaboración co Departamento de Normalización Lingüística.

Unha delas é unha exposición de viñetas, con dúas localizacións: unha no corredor e outra nas mesas da Biblio, estas últimas plastificadas para que non se deterioren ao traballar os alumnos enriba das mesmas.

E algunha idea máis anda en marcha, como a de acudir mañá ó centro vestid@s de negro. Ou unha actuación a cargo do alumnado de Artes Escénicas e Danza cunha performance titulada "Non me pintes costuras nos labios". 
Seguiremos informando.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...