Mostrar mensagens com a etiqueta Exposición. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Exposición. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 23 de novembro de 2017

Contra a Violencia de Xénero.

Na Biblio estamos con diversas tarefas entre mans para expresar a nosa repulsa á violencia e desigualdade de xénero. Algunhas en colaboración co Departamento de Normalización Lingüística.

Unha delas é unha exposición de viñetas, con dúas localizacións: unha no corredor e outra nas mesas da Biblio, estas últimas plastificadas para que non se deterioren ao traballar os alumnos enriba das mesmas.

E algunha idea máis anda en marcha, como a de acudir mañá ó centro vestid@s de negro. Ou unha actuación a cargo do alumnado de Artes Escénicas e Danza cunha performance titulada "Non me pintes costuras nos labios". 
Seguiremos informando.

quarta-feira, 28 de junho de 2017

Adeus e boas vacacións!

Xa rematou o curso e tamén as actividades na Biblioteca, que a verdade foron intensas ata o final.
Como despedida organizamos algúns recreos musicais, entre os que tivemos actuacións de alumnos de Música de 3º e 4º da ESO así como das alumnas de Expresión vocal e coral. E todo isto debaixo da fermosa exposición de mosaicos que o alumnado de Mónica Rodríguez Costas fixo na asignatura de Cultura Clásica.
Co música vos deixamos e vos desexamos un moi bo verán e unhas felices vacacións.
Ata o vindeiro curso!
 

sexta-feira, 20 de maio de 2016

A lingua sabe a historia - A historia sabe a lingua

Tendo como base a exposición do hall, ideada polo Equipo de Normalización Lingüística, e coa colaboración da Comunidade Educativa, o alumnado de 3º e 4º de ESO participa nun concurso organizado tamén polo EDNL. Durante toda a semana, os distintos grupos participaron utilizando o seu teléfono móbil para dar as respostas.
 Este luns, 23 de maio, os equipos finalistas terán a súa grande final.
Ánimo a todos e todas!





25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...