sexta-feira, 19 de outubro de 2018

`Sempre en Galicia´/ `Forever in Galiza´






'Forever in Galicia', tradución de Craig Patterson  do libro `Sempre en Galiza´de Castelao,  xa está á venda.

Craig Patterson, tradutor: "Isto para moita xente galega dálle un sentido de importancia como merece ter, dignidade, e tamén isto se reflicte mesmo no texto, que Castelao fai un canto á dignidade dun pobo".
Francis Boutle Publishers publica desde Londres libros de linguas minorizadas en todo o mundo.


Clive Boutle, editor: "Estou realmente esperanzado porque dentro dun ano fagamos que a xente en Gran Bretaña sexa máis consciente destes asuntos".
Esta edición contén apuntamentos para a comprensión desde o exterior do contexto político e social. 

Craig Patterson, tradutor: "O peso que ten nos corazóns dos galegos e a importancia que ten na cultura galega".

Castelao en inglés, case 75 anos despois.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...