Así é: nos
Premios Espiral de Edublogs, un pión representa a enerxía que a Asociación Espiral quere transmitir á blogosfera e simboliza o premio recoñecedor do traballo realizado por profesorado e/ou alumnado en blogues educativos.
Emocionámonos e alegrámonos moito por ser
English for You, Rosa´s Blog, o blogue da profesora Rosa I. Pérez Parapar, un dos finalistas na categoría Blogues de Profesorado: un merecido recoñecemento a un labor diario e que ocupa un tempo considerábel que, xenerosamente, oferece a alumnado e visitantes.
A Asociación Espiral, creadora do certame -neste ano con
EducaRed-, é un colectivo integrado por profesorado, persoal técnico, persoas dedicadas á investigación, estudiantes e outras entidades con interese na promoción e na aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación na educación (TIC).
É de agradecer a promoción que supón a convocatoria destes premios, un referente xa para coñecermos blogues educativos que paga a pena seguir porque, na maioría, constitúen un fantástico apoio fora da aula -ou nela-. As Bibliotecas Escolares Galegas saben ben isto porque levan varios anos apresentando os seus blogues e, en ocasións, conseguindo o premio. Neste ano, volta a ser finalista
Iniciarte, sitio moi unido ás Bibes Galegas e cuxa interesante información podedes ver na columna dereita deste noso blogue.
Parabéns, Rosa!. Con peón ou sen el, o premio está xa contigo e con quen seguimos o teu sitio.