segunda-feira, 9 de maio de 2011

Rosa I. Parapar, a camiño do pión. Parabéns!


Así é: nos Premios  Espiral de Edublogs, un pión representa a enerxía que a Asociación Espiral quere transmitir á blogosfera e simboliza o premio recoñecedor do traballo realizado por profesorado e/ou alumnado en blogues educativos.

Emocionámonos e alegrámonos moito por ser English for You, Rosa´s Blog, o blogue da profesora Rosa I. Pérez Parapar, un dos finalistas na categoría  Blogues de Profesorado: un merecido recoñecemento a un labor diario e que ocupa un tempo considerábel que, xenerosamente, oferece a alumnado e visitantes.


A Asociación Espiral, creadora do certame -neste ano con EducaRed-, é un colectivo integrado por profesorado, persoal técnico, persoas dedicadas á investigación, estudiantes e outras entidades con interese na promoción e na aplicación das tecnoloxías da información  e a comunicación na educación (TIC).

É de agradecer a promoción que supón a convocatoria destes premios, un referente xa para coñecermos blogues educativos que paga a pena seguir porque, na maioría, constitúen un fantástico apoio fora da aula -ou nela-. As Bibliotecas Escolares Galegas saben ben isto porque levan varios anos apresentando os seus blogues e, en ocasións, conseguindo o premio. Neste ano, volta a ser finalista Iniciarte, sitio moi unido ás Bibes Galegas e cuxa interesante información podedes ver na columna dereita deste noso blogue.


Parabéns, Rosa!. Con peón ou sen el, o premio está xa contigo e con quen seguimos o teu sitio.

1 comentário:

Rosa I. Pérez Parapar disse...

María, moito obrigada! Gracias por esta noticia, por tus consejos y por tu blog, que no está nominado únicamente porque no se presentó...Next year...
Thank you very much for your words!
Rosa

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...