segunda-feira, 9 de maio de 2011
Rosa I. Parapar, a camiño do pión. Parabéns!
Así é: nos Premios Espiral de Edublogs, un pión representa a enerxía que a Asociación Espiral quere transmitir á blogosfera e simboliza o premio recoñecedor do traballo realizado por profesorado e/ou alumnado en blogues educativos.
Emocionámonos e alegrámonos moito por ser English for You, Rosa´s Blog, o blogue da profesora Rosa I. Pérez Parapar, un dos finalistas na categoría Blogues de Profesorado: un merecido recoñecemento a un labor diario e que ocupa un tempo considerábel que, xenerosamente, oferece a alumnado e visitantes.
A Asociación Espiral, creadora do certame -neste ano con EducaRed-, é un colectivo integrado por profesorado, persoal técnico, persoas dedicadas á investigación, estudiantes e outras entidades con interese na promoción e na aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación na educación (TIC).
É de agradecer a promoción que supón a convocatoria destes premios, un referente xa para coñecermos blogues educativos que paga a pena seguir porque, na maioría, constitúen un fantástico apoio fora da aula -ou nela-. As Bibliotecas Escolares Galegas saben ben isto porque levan varios anos apresentando os seus blogues e, en ocasións, conseguindo o premio. Neste ano, volta a ser finalista Iniciarte, sitio moi unido ás Bibes Galegas e cuxa interesante información podedes ver na columna dereita deste noso blogue.
Parabéns, Rosa!. Con peón ou sen el, o premio está xa contigo e con quen seguimos o teu sitio.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
O poeta escolle abril De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza non rexeita a garrida mocedade e o sangue? En abril e maio non hai cin...
1 comentário:
María, moito obrigada! Gracias por esta noticia, por tus consejos y por tu blog, que no está nominado únicamente porque no se presentó...Next year...
Thank you very much for your words!
Rosa
Enviar um comentário