Hoxe celébrase o Dia Internacional da Lingua Materna, entendéndoo como “punto de referencia para o estudo de iniciativas destinadas a promover as linguas”, segundo informa Koïchiro Matsuura, Director Xeral daUNESCO; esta Organización ten a encomenda da ONU de coordenar as diferentes actividades a desenvolver con motivo de ter sido declarado este ano 2008 como o Ano Internacional das Linguas.
K. Matsuuma opina que é preciso encoraxar o delineamento e a aplicación de políticas que capaciten todos os pobos para usarem a sua primeira lingua, ou lingua materna, da forma mais ampla e frecuente posíbel, ao tempo que anima os falantes a dominaren outra lingua "rexional ou nacional" e unha ou dúas internacionais.
Calquera acción social, administrativa, persoal que se desenvolva para preservar a diversidade lingüística é boa para as linguas minorizadas; mais consideramos que o termo "lingua materna" non é o máis adecuado, ao menos do punto de vista social, para designar a lingua propia dunha comunidade.
Máis información:
http://portal.unesco.org/culture
http://www.eurolang.net
Maria
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...

-
Só coa túa colaboración, encotraremos solucións. Le con calma o cartaz que colocamos a continuación; se non entendes algo, pregunta ao pro...
-
Do blogue do CEIP Isaac Peral (que suxerimos para encontrar unha amplísima información e documentación para traballarmos nas aulas acerca ...
-
Anosado con Luís Tosar, ex-alumno do instituto, anosado co seu discurso e a súa viciñanza. Parabéns, Luís! Sentimos orgullo polo teu magníf...
Sem comentários:
Enviar um comentário