
Até o próximo día 22 de Xaneiro, na Escola de Linguas (EOI) de Lugo podemos ver unha exposición centrada en Manuel de Oliveira Guerra (1905-1964), elaborada pola Biblioteca Municipal de Vila Nova de Gaia, difundida na Galiza grazas á Associaçom Galega da Língua e aberta en Lugo mercé ás xestión do profesorado do Departamento de Português da Escola.
Poeta, contista e fundador da revista "Céltica. Caderno de Estudos Galego-portugueses"(Porto, 1960-1961),Oliveira Guerra foi un grande apaixonado da Galiza, da súa cultura e literatura e do relacionamento luso-galaico; é por iso que promove -e mesmo sufraga- esta revista que, alén de autores de Portugal, recolle numerosas colaboracións galegas nuns anos en que na Galiza aínda non era fácil publicar con liberdade: Manuel María, González Garcés, os irmáns Carré, X.M.Álvarez Blázquez, C.E.Ferreiro, Pura Vázquez, entre outras voces.
A imaxe corresponde coa carátula dunha antoloxía dos seus sonetos publicada no pasado ano.
Maria
Sem comentários:
Enviar um comentário