domingo, 25 de maio de 2008

O valor das palabras

Vendo o vídeo, sobran presentacións.


Alonso Alvarez Barreda: Historia de un Letrero
Curta gañadora do NFB Online Competition Cannes 2008

(Vía A Nosa Biblioteca)

Contamos con Carla Taboada



Si, contamos con Carla Taboada Rubinos (a primeira á dereita da fotografía) para que continúe contando e nos permita coñecer o que contou. Dicimos todo isto porque ela foi a gañadora da nosa provincia do premio de Relato corto incluído no concurso Jóvenes Talentos que organiza a Fundación Coca-Cola.
No pasado venres, recibiu o premio no decurso dunha velada celebrada nun restaurante de Cambre (A Coruña)e estivo acompañada polos pais, a profesora de Lengua/literatura Castellana, Cristina Fernández, e o director, Ramiro Gayoso.
Parabéns, Carla! Que as lecturas e a escrita te acompañen sempre e che permitan desfrutar. Ficamos á espera de publicares aquí o teu conto.
E, se isto serve para abrir o apetite creativo, sabede que aínda se pode participar na sección de vídeo-relatos .

quarta-feira, 21 de maio de 2008

Fallo do premio "Lecturas compartidas"



O Xuri do I Certame on-line Lecturas Compartidas resolveu o seguinte:
1. Perante a escasa participación no certame e ao non terse significado especialmente ningún dos comentarios nas cualidades que se exixían para cada premio, decidiuse repartir o importe dos tres premios en tantas partes como participantes (que se teñan adecuado ás bases da convocatoria).

2. Tendo só os datos persoais de cinco participantes, o importe de cada vale será de 45 euros para seren gastos na libraría que se indicará no día da entrega dos premios.

2. As persoas premiadas son:

Ana Cañavate Loureiro 2º D BAC
Brais Castro Gómez 3º B ESO
Sara Fernández García 2º D BAC
Laura Rodríguez Vázquez 2º D BAC
Rosa I. Pérez Parapar profesora

3. A entrega de premios realizaráse no próximo luns, día 26, ás 11.15h. na Biblioteca.

Moitas grazas ás premiadas e ao premiado por partillar connosco as vosas lecturas e parabéns.

terça-feira, 20 de maio de 2008

Bolsas viaxeiras con cómics




Como sabemos que a Banda Deseñada é unha das túas preferencias de lectura, informamos dunha oportunidade que tés hoxe en Lugo para os ler gratuitamente.
Na Faculdade de Humanidades, na libraría Totem, no Café do Pusadoiro e na Cova da Terra, reparten hoxe bolsas con cómics que deben ser devoltas unha vez lidos.
Non perdas esta ocasión.
Moitas grazas á organización da iniciativa e ao persoal envolto no seu desenvolvimento.

segunda-feira, 19 de maio de 2008

Lecturas compartidas

Hoxe é o dia en que debería publicarse aquí o resultado do I Concurso on-line Lecturas Compartidas. O xuri xa decidiu, de feito, os premiados, mais, faltando os datos de algunha persoa que participou anonimamente e non deixou na biblioteca a súa identidade,o xuri resolveu adiar até mañá a publicación dos nomes.
É por iso que pedimos que, con urxencia, deixen na caixa que, para tal fin, se encontra na biblioteca o requerido nas bases: Nome e apelidos, curso e grupo (se a persoa pertence ao alumnado) e título do libro comentado.
Moitas Grazas

quarta-feira, 7 de maio de 2008

Eco-música

Nestes dias, os corredores da planta baixa do noso instituto convértense en local de espectáculos e actividades múltiplas; como xá temos contado, desde unhas xornadas prévias á celebración do Día da Terra, podemos tirar interesantes conlusións a partir da exposición -renovada día a día- e dos experimentos que os integrantes de Lamentos de Gaia están oferecéndonos.
Iremos dando conta de algunhas das actividades, mais para quen preferiu tomar un café ou dar unha volta fóra do instituto na hora do recreo, en lugar de asistir aos concertos que, sob batuta da profesora Belén, está habendo no hall, deixo aquí un vídeo que realizou o profesor Eduardo; parabéns a intérpretes, directora, realizador e moitas grazas. Vede o que fan Belén e Miguel e acudide ao concerto de mañá -se queda sitio-:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...