Mostrar mensagens com a etiqueta Banda deseñada. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Banda deseñada. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 18 de janeiro de 2019

"Lalin´s Curse"

 

Isabel Terol, de alcume Isakytm, fou finalista do Webtoon Contest 2018 con "Lalin´s Curse" (A maldición de Lalín), un webcomic de estilo manga onde se suceden todo tipo de fenómenos paranormais no concello de Lalín: un grupo de rapaces e rapazas de 3º ESO investigan os extraños acontecementos que pasan no monte, nas súas casas.... ou quizáis só na súa imaxinación?

 

Qué é unha webtoon? É un comic que está pensado para ser lido en dispositivos móbeis, en vertical e cunha interface sinxela e mínima.

 

David e Félix son os protagonistas centrais desta banda deseñada, pero sempre van acompañados dos seus amigos e amigas, polo que hai un amplo abano de personaxes coas que identificarse (ou namorar). As paisaxes galegas e a cantidade de lendas e historias sobrenaturais fixeron que Isatkytm quixese ambientar a súa historia en Lalín, por onde pasou nunhas vacacións.

 


quinta-feira, 14 de maio de 2015

II Certame Divulgativo Mulleres de Lemos



O Colectivo Lemos Le, formado por responsables de bibliotecas públicas e municipais e a asociación de libreiros da comarca de Lemos, acaba de publicar as bases do II Certame Divulgativo Mulleres de Lemos. O certame ten como finalidade dar a coñecer figuras femininas relevantes da historia da comarca Terras de Lemos; nesta edición a figura sobre a que se traballará é María Castaña.
Categorías e destinatarios:
  • Banda deseñada, para persoas de 12 a 18 anos.
  • Traballo de divulgación: para persoas maiores de 18 anos.
Premio: diploma, 1 lote de libros, cea para dúas persoas e 1 lote de produtos da Ribeira Sacra.

Prazo de presentación dos traballos: 30 de maio.

Para obter máis información, pincha aquí

 

segunda-feira, 22 de setembro de 2014

sexta-feira, 18 de fevereiro de 2011

Un día sen química

2011 é o  ano internacional da química. Moitos de nós non somos conscientes de até que punto a química forma parte da nosa vida cotiá; este video pretende facernos conscientes diso.

sexta-feira, 11 de fevereiro de 2011

quarta-feira, 3 de junho de 2009

Galimatías

No pasado mes de abril, iniciouse a publicación da revista xuvenil de cómic Galimatías. É distribuída quincenalmente, de forma gratuíta, cos xornais El Correo Gallego e El Mundo .


A revista compleméntase con O Universo de Galimatías, un sitio web en que podes ler, escoitar e descargar músicas, ver vídeos, aprenderes técnicas de banda deseñada...; a páxina actualízase tamén quincenalmente, de forma alternada coa publicación da revista.


Na columna lateral, encontrarás unha ligazón na sección Pasa por aquí.

terça-feira, 20 de maio de 2008

Bolsas viaxeiras con cómics




Como sabemos que a Banda Deseñada é unha das túas preferencias de lectura, informamos dunha oportunidade que tés hoxe en Lugo para os ler gratuitamente.
Na Faculdade de Humanidades, na libraría Totem, no Café do Pusadoiro e na Cova da Terra, reparten hoxe bolsas con cómics que deben ser devoltas unha vez lidos.
Non perdas esta ocasión.
Moitas grazas á organización da iniciativa e ao persoal envolto no seu desenvolvimento.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...