quarta-feira, 12 de novembro de 2008

Biblioteca Nodal: Certame de Poesía


Acabamos de recibir da Biblioteca Nodal de Lugo as bases para participar no certame de poesía Nadal 2008.
Para este certame, existen dúas convocatorias diferentes: unha local, á que só poden concorrer socias e socios da Biblioteca Nodal, e outra provincial adecuada para quen queira participar por medio das diferentes bibliotecas municipais da provincia de Lugo.
A idade límite para esta competición poética está nos 16 anos; recomendamos vivamente que participedes e/ou que animedes a escribir e participar a quen está en idade de o facer: alén dos premios estabelecidos para cada categoría, sortearase un presente especial entre todos e todas as participantes..
Na nosa biblioteca e, claro está, na Biblioteca Nodal, podes ler as bases.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...