Só onte, grazas a un informativo, soubemos da existencia deste traballo de exploración do Guernica (p. Picasso) feito por Lena Gieseke.
Non o perdas:
terça-feira, 17 de junho de 2008
quinta-feira, 5 de junho de 2008
XIV Ponte nas ondas

Hoxe celébrase a XIV edición de Ponte nas Ondas con numerosas actividades; en moitas delas podes participar ao longo do dia de hoxe e optares, así, a diferentes premios; non deixes de visitar as páxinas da organización e as ligazóns que che oferecemos para participares. Colamos a seguir o convite que nos fixeron chegar:
"Dirixímonos a vós en nome da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!
Este venres 6 de xuño realizaremos a XIV edición de Ponte...nas ondas! baixo o lema IDENTIDADE E TERRITORIO, en colaboración co Proxectoterra.
Esta xornada de comunicación está producida por centros educativos coma o voso e tenta ser unha ponte de comunicación entre o mundo da educación, a cultura e as novas tecnoloxías.
A nosa intención é facer partícipes desta xornada a todos os centros que o desexen.
Para iso, temos preparada unha programación que vai permitir:
- Seguir por televisión a través de Internet a xornada enteira de programación. Poderase ver e escoitar desde a nosa Web: www.pontenasondas.org ( recomendamos que se proxecte o sinal nunha o varias pantallas grandes para o alumnado ).
-Seguir a través do portal de Vieiros os diversos certames e concursos que estarán abertos para a participación do alumnado ao longo do día.
Ademais, queremos:
- Convidarvos a asistir en directo á realización da xornada ( pola mañá
desde a Escola de Telecomunicación da Universidade de Vigo e pola tarde desde do Museo do Verbum.
- Convidarvos a asistir ao festival da VII MOSTRA DA ORALIDADE GALEGO-PORTUGUESA que se vai celebrar no exterior do Verbum con Luar na Lubre ( Galiza ), Vozes da Rádio (Portugal ), Socorro Lira ( Brasil ) e Avelino González ( narrador oral ). A partir das 22.00 hs., concerto que será emitido pola TVG en diferido para Galiza e Portugal.
- Convidarvos a sumarvos ao apoio á NOVA OPORTUNIDADE para que a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués sexa presentada na Unesco para a súa inscrición na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Podedes facer escritos desde o voso centro e enviárnolos. Se xa sodes ESCOLA PROMOTORA podedes reiterar o voso apoio e senón podedes sumarvos á rede de Escolas Promotoras do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués."
O NOSO PATRIMONIO XA É DA HUMANIDADE ! PONTE AO NOSO LADO !
54 rúas cantan a Curros
CÁNTIGA
N'o xardin unha noite sentada
Ó refrexo d'o branco luar,
Unha nena choraba sin trégolas
Os desdés d'un ingrato galan.
Y-a coitada entre queixas decia:
«Xa n' o mundo non teño ninguén,
Vou morrer e non ven os meus ollos
Os olliños d'o meu doce ben.»
Os seus ecos de malenconía
Camiñaban n'as alas d'o vento,
Y-o lamento
Repetía:
«Vou morrer e non vén o meu ben!»
Lonxe d'éla de pé sobr 'a popa
D'un aleve negreiro vapor,
Emigrado, camiño d' América,
Vay o probe, infelís amador.
Y-o mirar as xentís anduriñas
Car' á terra que deixa cruzar:
«¡Quén pudera dar volta, pensaba,
Quén pudera con vosco voar!...»
Mais as aves y-o buque fuxían
Sin ouir seus amargos lamentos;
Sólo os ventos
Repetían:
«¡Quén pudera con vosco voar!»
Noites craras, d'aromas e lua,
Desde enton ¡qué tristeza en vos hay
Pr'os que viron chorar unha nena,
Pr'os que viron un barco marchar!...
D'un amor celestial, verdadeiro,
Quedóu sólo, de bágoas á proba,
Unha coba
N'un outeiro
Y-on cadavre n'o fondo d'o mar.
Por iniciativa da Fundación Curros Enríquez, hoxe, ao mediodía, todas as rúas de Galiza que levan o nome do poeta Manuel Curros Enríquez están chamadas a recitar o seu poema "Cántiga", con que iniciou o seu camiño literario; a data foi escollida por ser a do aniversario da escrita do poema.
Ao non podermos estar na rua a esa hora, non está demais a lectura ou relectura e a reflexión sobre unha realidade actual en tantos países.
N'o xardin unha noite sentada
Ó refrexo d'o branco luar,
Unha nena choraba sin trégolas
Os desdés d'un ingrato galan.
Y-a coitada entre queixas decia:
«Xa n' o mundo non teño ninguén,
Vou morrer e non ven os meus ollos
Os olliños d'o meu doce ben.»
Os seus ecos de malenconía
Camiñaban n'as alas d'o vento,
Y-o lamento
Repetía:
«Vou morrer e non vén o meu ben!»
Lonxe d'éla de pé sobr 'a popa
D'un aleve negreiro vapor,
Emigrado, camiño d' América,
Vay o probe, infelís amador.
Y-o mirar as xentís anduriñas
Car' á terra que deixa cruzar:
«¡Quén pudera dar volta, pensaba,
Quén pudera con vosco voar!...»
Mais as aves y-o buque fuxían
Sin ouir seus amargos lamentos;
Sólo os ventos
Repetían:
«¡Quén pudera con vosco voar!»
Noites craras, d'aromas e lua,
Desde enton ¡qué tristeza en vos hay
Pr'os que viron chorar unha nena,
Pr'os que viron un barco marchar!...
D'un amor celestial, verdadeiro,
Quedóu sólo, de bágoas á proba,
Unha coba
N'un outeiro
Y-on cadavre n'o fondo d'o mar.
Por iniciativa da Fundación Curros Enríquez, hoxe, ao mediodía, todas as rúas de Galiza que levan o nome do poeta Manuel Curros Enríquez están chamadas a recitar o seu poema "Cántiga", con que iniciou o seu camiño literario; a data foi escollida por ser a do aniversario da escrita do poema.Ao non podermos estar na rua a esa hora, non está demais a lectura ou relectura e a reflexión sobre unha realidade actual en tantos países.
5 de xuño, Dia do Medio Ambiente

A ONU declarou a data do 5 de xuño como Dia Mundial do Medio Ambiente. Cada un de nós podemos e debemos contribuír -e non só hoxe- para podermos desfrutar dunha natureza viva e, nomeadamente, para a deixarmos en herdanza a quen nos suceder.
Contodo, as administracións teñen grandes responsabilidades no que respecta à conservación do Medio. Na Galiza, as centrais térmicas de carbón das Pontes e de Meirama emitiron, no ano pasado, tanto dióxido de carbono (CO2) como 660.156 familias españolas con hábitos enerxéticos insustentábeis; aprodución, transformación e consumo de enerxía é a causa principal de deterioración ambiental e, precisamente, neste ano, a ONU chama a atención para unnha economía baixa en carbono.

Por outra parte, para celebrar este día, o Concello de Lugo e a Deputación Provincial repartirán hoxe plantas gratuítas: pola mañá, na Praza Maior e, de tarde, no paseo do río Rato.
Para saberes máis, podes visitar estas páxinas, de onde tiramos algunha información:
Verdegaia
ADEGA
Tamén os nosos blogues Os Lamentos de Gaia e Climántica
A fotografía que inicia este post foi realizada e xenerosamente partillada pola bilioteca do IES Río Cabe de Monforte
Subscrever:
Mensagens (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Só coa túa colaboración, encotraremos solucións. Le con calma o cartaz que colocamos a continuación; se non entendes algo, pregunta ao pro...
-
II Concurso Lecturas Compartidas: Libros que deixan pegada Con motivo do Día do Libro e do Día das Letras Galegas , a Biblioteca Ollos Gran...