sexta-feira, 24 de outubro de 2008

Día da Biblioteca




Onde hai unha biblioteca hai unha luz

ABRE AS PORTAS e entra. Entra neste espazo que agarda por ti, neste ámbito onde cada palabra é un don que recibimos como agasallo. Percorre todos os recantos desta casa da liberdade, respira este aire que non sabe de fronteiras, déixate levar polo río de recendos que anuncia os tesouros da biblioteca. Estamos nun lugar especial, sería imposible confundilo. Desde o ceo debe de verse como un punto de luz brillando coa intensidade maior, como un aleph que contén a memoria e os soños da humanidade. Unha luz, si. Unha luz que escintila coma un faro entre as tebras, co rítmico latexar dun corazón inmenso que expande ondas de liberdade e de esperanza polo territorio que a circunda. Quizais poderiamos seguir vivindo se nos faltase este aire que fai vibrar todas as células do noso corpo, se cadra as persoas continuariamos coa nosa existencia rutineira se non existise a biblioteca, mais algún lugar decisivo ficaría baleiro no noso corazón.
Faltaríanos a enerxía que nos fai desexar unha vida mellor, unha cidadanía máis libre, unha sociedade máis xusta. Doeríanos non escoitar a voz das persoas que sufriron a historia e a das que a sofren agora mesmo; sería insoportable oír só as palabras dos que tentan dirixir e controlar as nosas vidas. Para que isto non suceda, abre as portas e entra. Ábreas sempre, todas as portas, pois cada vez que o fas incorpóraste ao río subterráneo que alimenta a biblioteca, ao torrente de liberdade que a fai vivir e lle dá azos renovados.

Agustín Fernández Paz

Así se inicia o Manifesto que, para hoxe, 24 de Outubro, Día da Biblioteca Escolar, creou Agustín Fernández Paz (onte galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil) e que podes ler na íntegra aquí. O deseño do cartaz é do ilustrador Xosé Cobas.

A IASL (International Association of School Librarianship) dedicou este mes de Outubro ás Bibliotecas Escolares; é dentro desta conmemoración internacional que o Ministerio de Cultura seleccionou o día 24 de Outubro para celebrarmos esta efeméride que, neste ano, centra as actividades en Santiago de Compostela.

quarta-feira, 22 de outubro de 2008

Hoxe en Lugo


José Manuel Barbosa Álvares e José Manuel Gonçales Ribeira publicaron recentemente o Atlas Histórico da Galiza (editado por Edições da Galiza, selo editorial específico para a Galiza de Polífona Edições.
A obra, de grande interese polo seu rigor, polos datos que oferece e, sobre todo, por focar o estudo da Galiza como un todo, será apresentada hoxe no Centro Social Mádia Leva, situado na Rúa Manuel Amor Meilán (antiga Rúa do Sol, 18, entreplanta.
Non perdas a oportunidade de o coñecer -aínda non chegou á nosa biblioteca- e de conversar cos autores.

sábado, 11 de outubro de 2008

Deixounos Ramiro Fonte




Hoxe amencemos con unha mala notícia: Ramiro Fonte acaba de falecer con 51 anos e moito traballo feito, traballo que quedará sempre connosco.
Actual director do Instituto Cervantes en Lisboa e membro da Real Academia Galega, Ramiro Fonte acompáñanos coa voz dos seus versos, entretennos e instrúenos coa obra narrativa e ensaística.
Máis información nestes enlaces:



A seguir, podes escoitalo:



Especial para Historia da Arte



Grazas aos colegas de Aula PDC e Mesturas soubemos deste xogo interesante para quen guste da arte e, nomeadamente para os grupos de Historia da Arte. Nesta páxina, pódese acceder a información de interese. Desfrutade:
El misterio de las miradas del Thyssen

quinta-feira, 9 de outubro de 2008

Jacques Brel, sempre vivo

Con frecuencia, moitas persoas escoitamos e cantamos con Jacques Brel, mais hoxe especialmente,no 30 cabodano do seu falecimento. Faino ti tamén e, se sabes ou estudas francés, podes practicar: o vídeo está aquí e a letra, a continuación:

JACQUES BREL: Ne me quite pas

Ne me quitte pas
Il faut oublier
Tout peut s’oublier
Qui s’enfuit déjà
Oublier le temps
Des malentendus
Et le temps perdu
À savoir comment
Oublier ces heures
Qui tuaient parfois
A coups de pourquoi
Le cœur du bonheur

Ne me quitte pas

Moi je t’offrirai
Des perles de pluie
Venues de pays
Où il ne pleut pas
Je creuserai la terre
Jusqu’après ma mort
Pour couvrir ton corps
D’or et de lumière
Je ferai un domaine
Où l’amour sera roi
Où l’amour sera loi
Où tu seras reine

Ne me quitte pas

Ne me quitte pas
Je t’inventerai
Des mots insensés
Que tu comprendras
Je te parlerai
De ces amants-là
Qui ont vu deux fois
Leurs cœurs s’embraser
Je te raconterai
L’histoire de ce roi
Mort de n’avoir pas
Pu te rencontrer

Ne me quitte pas

On a vu souvent
Rejaillir le feu
D’un ancien volcan
Qu’on croyait trop vieux
Il est paraît-il
Des terres brûlées
Donnant plus de blé
Qu’un meilleur avril
Et quand vient le soir
Pour qu’un ciel flamboie
Le rouge et le noir
Ne s’épousent-ils pas

Ne me quitte pas

Ne me quitte pas
Je ne vais plus pleurer
Je ne vais plus parler
Je me cacherai là
A te regarder
Danser et sourire
Et à t’écouter
Chanter et puis rire
Laisse-moi devenir
L’ombre de ton ombre
L’ombre de ta main
L’ombre de ton chien

Ne me quitte pas.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...