Quiero recomendaros la película "Caminar sobre las aguas", del director israelí Eytan Fox, que podéis ver hoy, lunes 16 de febrero, a las 22:00 en TVE2.
Para tener una idea del tema, podéis consultar aquí y ver el trailer (in English, of course!)
Yo creo que es la historia de una amistad muy original con un trasfondo social y político actual, pero contada con gran sensibilidad . Seguro que la personalidad de alguno de sus personajes os llamará la atención. Es una película que dejar un buen sabor, a pesar de la crudeza de alguna de sus escenas.
segunda-feira, 16 de fevereiro de 2009
sexta-feira, 13 de fevereiro de 2009
FILMES AO TEU DISPOR
Sección dedicada a informar e comentar audiovisuais que temos ou imos comprando e que están ubicados na Aula de Vídeo para o uso de todas e todos.Agradecemos xá que deixedes aqui os vosos comentarios sobre obras vistas e/ou suxestións de compras daquilo que consideredes interesante.
Wall Street
Ano 1987 Duración :120 min.
Director: Oliver Stone Guión: Stanley Waiser & Oliver Stone
Música: Stewart Copeland Fotografía: Robert Richardson
Reparto: Michael Douglas, Charlie Sheen, Daryl Hannah, Terence Stamp, Martin Sheen, Hal Holbrook, Sylvia Miles, Richard Dysart, Millie Perkins, Annie McEnroe.
1 Oscar , 1 Globo de ouro ó mellor actor (Michael Douglas).
Bud Fox é un ambicioso corredor de bolsa que grazas ó seu esforzo e ó do seu pai, mécanico e
xefe do sindicato, conseguiu terminar a carreira universitaria. O seu maior desexo é traballar co home que máis admira, Gordon Gekko, un individuo sin escrúpulos e que en pouco tempo conseguiu reunir unha grande fortuna no mundo da bolsa. Grazas ó seu tesón Bud consigue introducirse no círculo privado de Gekko e colaborar con él nos seus negocios.quarta-feira, 11 de fevereiro de 2009
Adiada a reunión do Clube de Lectura

Por non poderen asistir varios integrantes do Clube de Lectura Ollos Grandes, a reunión de hoxe, mércores, trasládase á próxima semana, en día que se comunicará con tempo.
Por outra parte, o grupo do Clube que está a ler Tintín no Tíbet ten na columna lateral e aquí unhas orientacións sobre a India, realizadas pola profesora Esther Rodríguez García, coordenadora do Clube.
domingo, 8 de fevereiro de 2009
sábado, 7 de fevereiro de 2009
Combater a fame, proxecto de todos
Para acercarnos a outras realidades, esta semana estivo no Instituto con rapaces de ESO e primeiro de BAC, Xosé Luís Álvarez, un misioneiro que leva 28 anos no Ecuador.Traballa para que erradicar a fame e para que a pobreza extrema deixe de existir: é este o primeiro dos obxectivos do desenvolvemento do milenio que propón a ONU.
Contábanos que entre os anos 2000-2003, estimábase que as persoas que pasaban fame eran 848 millóns. No ano 2006, según a FAO,os famentos eran 854 millóns. No ano 2008 aumentaron a 923 millóns, dos que, 907 millóns habitan en países en desenvolvemento.
E como situacións de inxustiza hai moitas no mundo, falaba de que, no Congo, os nenos son as principias víctimas do Coltán, mineral de alta condutividade usado para as principais comunicacións no noso século. Traballan en xacementos angostos onde só eles, pola súa estatura, poden entrar e, con frecuencia, son vítimas de desprendementos que os deixan enterrados.
Algo debemos estar facendo mal, moi mal para que no século en que estamos suceda todo isto. Pero xa sabedes que moita xente pequena, facendo moitas cousas pequenas, en moitos lugares pequenos, pode cambiar o mundo.
sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009
Na final da First Lego League
Com un pouco de demora, informamos da exitosa participación dun grupo do instituto no concurso de robótica First Lego League, chegando mesmo á final estatal, celebrada en Barcelona no pasado día 1 deste mes.
Alá foi, coa compañía da Xefa de Estudos, Pilar Illán, a equipa, integrada por Alejandro Álvarez, Rocío Dorado, Javier Iglesias, Xela Lodeiro, Alba Expósito, Laura Macía, Pablo Ramos e Gabriela Vila, de 4º de ESO, dirixidos pola súa profesora de Tecnoloxía, Ana López Cela.
Como subliña Ana, o acceso á final debeuse ao traballo destas alumnas e alumnos e ao de outros dous que deixaron o grupo en decembro: Nicolás e Iago, tamén de 4º de ESO. E aínda Antón, de 1º de ESO, colaborou con pezas de Lego e moitas ideas.
Que bons son os traballos colaborativos! De feito, un dos obxectivos da First Lego League é estimular o traballo de equipa, para alén de promover a criatividade, a ciencia e a tecnoloxía na xuventude.
Parabéns, pois, por tanto traballo e ilusión! Que este logro sexa semente de continuidade.
Parabéns para Ana; sabemos que, por tras disto que noticiamos, existe un labor de moitos días e un traballo intenso.
Ao tempo que deixamos por aquí testemuño fotográfico, aproveitamos para vos informar do recurso que utilizamos parara apresentar fotos nun sitio web, o Fotopeache, que coñecemos, como tantos outros recursos, grazas a este blogue de Antonio Alonso.
IES Ollos Grandes, finalista na First Lego League 09 on PhotoPeach
Alá foi, coa compañía da Xefa de Estudos, Pilar Illán, a equipa, integrada por Alejandro Álvarez, Rocío Dorado, Javier Iglesias, Xela Lodeiro, Alba Expósito, Laura Macía, Pablo Ramos e Gabriela Vila, de 4º de ESO, dirixidos pola súa profesora de Tecnoloxía, Ana López Cela.
Como subliña Ana, o acceso á final debeuse ao traballo destas alumnas e alumnos e ao de outros dous que deixaron o grupo en decembro: Nicolás e Iago, tamén de 4º de ESO. E aínda Antón, de 1º de ESO, colaborou con pezas de Lego e moitas ideas.
Que bons son os traballos colaborativos! De feito, un dos obxectivos da First Lego League é estimular o traballo de equipa, para alén de promover a criatividade, a ciencia e a tecnoloxía na xuventude.
Parabéns, pois, por tanto traballo e ilusión! Que este logro sexa semente de continuidade.
Parabéns para Ana; sabemos que, por tras disto que noticiamos, existe un labor de moitos días e un traballo intenso.
Ao tempo que deixamos por aquí testemuño fotográfico, aproveitamos para vos informar do recurso que utilizamos parara apresentar fotos nun sitio web, o Fotopeache, que coñecemos, como tantos outros recursos, grazas a este blogue de Antonio Alonso.
IES Ollos Grandes, finalista na First Lego League 09 on PhotoPeach
segunda-feira, 2 de fevereiro de 2009
Paz: videoclips suxeridos polo alumnado
Aquí deixamos un par de videos suxeridos por vós e as ligazóns dos demais:
John Lennon: Give Peace a Chance
Norah Jones: Peace
John Lennon: Give Peace a Chance
Norah Jones: Peace
domingo, 1 de fevereiro de 2009
Ana Ferreiro, mellor oradora na II Liga de Debate

Viva!, Viva! Viva!
Parabéns, Ana!!!
Parabéns para toda a equipa!
Parabéns, Auri! Grazas polo esforzo que fixexhe.
Grazas ao grupo por traballar,participar e defender tan ben os argumentos do debate.
Este ano os éxitos do noso alumnado sucédense.
Como anunciamos hai uns días, dúas equipas do noso instituto, formadas por María López Quiroga, Antonio Sanjurjo, Javier Valle, Ricardo Estévez, Anxos Fazáns, Ana Ferreiro, Sara Iglesias e Jairo Brea, liderados pola profesora Áurea Penas, tomaron parte na II Liga de Debate que tivo lugar no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, do día 29 de xaneiro a 1 de febreiro, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
Na primeira fase tiñan que debater sobre Axuda ao desenvolvemento, O peixe ou a cana? Ambas equipas tiveron unha actuación moi destacada, a pesar da súa falta de experiencia, e gañaron dous dos tres debates en que participaron. Só unha equipa, a formada por María López, Ana Ferreiro, Antonio Sanjurjo e Javier Valle puido pasar a octavos, pola diferenza de ítems gañados.
En oitavos de final, o tema a debater era se as administracións públicas están a afrontar de xeito eficaz o problema de consumo de drogas (legais ou ilegais) entre os adolescentes. O noso grupo caeu moi dignamente fronte ao IES Rosalía de Castro de Santiago, que gañaría finalmente o torneo.
O traballo de todos os participantes ao longo destes catro días foi moi intenso, ben preparando os temas ou baténdose fronte aos adversarios na salas de debates, coa dificuldade engadida de ter que dominar as emocións e os nervios ante a experiencia.
Durante as intervencións, quedou patente a habilidade oratoria de Ana Ferreiro, que finalmente foi recompensada co premio á mellor oradora do certame polo que recibiu unha cámara dixital.
Cabe destacar o bo ambiente que se creou entre os participantes, aínda sendo rivais nos debates.
Agradecemos especialmente a Ana Ferreiro e Anxos Fazáns ternos dado xa outras satisfaccións: Ana como integrante do grupo dramático Upiaska e Anxos como narradora. Änimos para continuardes.
Esperámosvos por aquí para que contedes polo miúdo a experiencia. Todo un éxito.
Para saber máis:
El Progreso
La Voz de Galicia; tamén aquí.
Novas Xunta
Subscrever:
Mensagens (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Só coa túa colaboración, encotraremos solucións. Le con calma o cartaz que colocamos a continuación; se non entendes algo, pregunta ao pro...
-
II Concurso Lecturas Compartidas: Libros que deixan pegada Con motivo do Día do Libro e do Día das Letras Galegas , a Biblioteca Ollos Gran...
