Artigo de Miguel Anxo Fernán Vello publicado en Tempos Dixital:
No fondo da súa alma saben que senten odio pola súa procedencia. Saben que desprezan o que en boa parte son. Axiña "politizan" ese odio e se mostran agresivos contra o idioma e contra a cultura. Porque os enterradores da lingua son incapaces de sentir amor por ningunha lingua. Nin sequera pola imposta, o castelán que veu de Castela e que tan mal falan.
Velaquí están. Velaquí están de novo. Houbo un tempo –era Manuel Fraga Iribarne presidente da Xunta– no que estiveron caladiños, hibernados. ¿Como lle ían dicir iso a un exministro de Franco? Mais ficaron á espreita. Sempre estiveron aí. E veñen de moi lonxe no tempo. Sendo algúns naturais de Galicia, senten aversión polo idioma propio do país. Pensan que está ben para os chistes ou, como máximo, para un pimpollo lírico de condescendente sorriso bucólico. Na súa mente, chea de prexuízos establecidos e talvez dunha caste estraña de superstición, o galego é menor, un “dialecto de aldea”, unha fala de chafallas e ignorantes, linguaxe revirada de pailáns. Eles séntense “señoritos”, xente fina, displicente, e non queren que os seus fillos se “contaminen” con palabras-esterco, con voces-corredoira, con fondos acentos-raiceira. Algúns, eles mesmos fillos da aldea –de Panjón, Carballino, La Peroja ou Chandreja de Queija–, sofren porque no fondo da súa alma saben que senten odio pola súa procedencia, saben que desprezan o que en boa parte son. Mais axiña “politizan” o seu odio e, en máis dun caso, móstranse particularmente agresivos contra o idioma e contra a cultura da que este provén e que este proxecta na actualidade.
Cando a lingua galega ergue timidamente o seu ferido corpo por riba dos valados que a historia adversa lle impuxo, disparan. Cando o noso idioma comeza a respirar minimamente e de xeito natural no ámbito do ensino, na administración e na vida pública en xeral, tratan de lle cortar o paso que lle corresponde por realidade e por lei, tratan de o esganar para que non teña fíos de alento que lle permitan abesullar un digno futuro. Os enterradores da lingua falan de liberdade e algúns mesmo din sentir amor pola que é –eles sempre o negarán– a súa vítima. Mais, en realidade, eles son incapaces de sentir amor ningún por ningunha lingua. Mesmo a lingua imposta, o castelán que veu de Castela, é por eles mal falada, e curan, solertes, o seu despropósito lingüístico acudindo ao inglés. Tristes, raposeiros e incultos estes enterradores da lingua. Enterradores políticos que tratan de impor as artes obscenas do enterramento dunha lingua, eles, ebrios de liberdade para consumaren o etnocidio.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
O poeta escolle abril De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza non rexeita a garrida mocedade e o sangue? En abril e maio non hai cin...
Sem comentários:
Enviar um comentário