segunda-feira, 22 de junho de 2009

Mavisa+PDC 3º+Creatividade=Que é a vida?

Voltou Mavisa!!!
Non, non se fora do instituto; mais a pesar de que tíñamos ouvido falar moito da súa forza creadora -Luís Tosar tenlla recoñecido publicamente-, a maioría das persoas que integramos esta comunidade educativa non tivéramos a oportunidade de a aprezar directamente.
E, o pasado venres, impactou: Que é a vida? é o título do espectáculo que organizou para ser encenado polo alumnado do PDC de 3º. E foi un traballo que implicou a calquera persoa que entrase no instituto e quixese participar porque, desde hai uns quince días, na entrada norte, un buzón especial convidaba a responder a pregunta que titulou a obra. As respostas, expostas despois no mesmo lugar, tras un formoso traballo de compilación, foron parte da escenografía e do texto dramatizado.
E o resultado final foi un grande exemplo de interdisciplinariedade onde, por uns minutos e nunha simbiose harmónica, encaixaban o século XVII e o XXI, La vida es sueño, Las Meninas e Martillo Vago, as materias de Historia, Lengua Castellana e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Plástica... enfin, Teatro da Arte.
E tivemos pena de que acabase, mais, como dixo Mavisa, a vida tamén é efémera.

Como non todo o persoal puido asistir, por aquí quedan uns testemuños (non perdades a beleza dos vestidos: non lles faltaba detalle):



Moitas grazas, Mavisa; esperamos continuidade. Grazas a actrices e actores.

2 comentários:

manuel disse...

Moitos Parabéns a Mavisa por este impresionate traballo, que, con poucos medios, conseguiu acadar unha esceneografía que nos emocionou a todos. Parabéns tamén aos rapaces de PDC que, a pesar dos nervios, estiveron á altura da reprentación.
E noraboa tamén a María, que a montaxe fotográfica do post quedou de marabilla.

Paco disse...

Impresionante!! Non me podo crer que os meus rapaces/as de 4º estén ahí, tan ben caracterizados en tan modosos. Mágoa non telos podido ver. Noraboa polo marabilloso traballo.

Actividades formativas STEM en inglés

Convocatoria de axudas para realizar actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e ...