sábado, 19 de setembro de 2009

Comeza a XXXI Semana de Cine de Autor


Mañá, 20 de setembro, comeza en Lugo a XXXI Semana Internacional de Cine de Autor, organizada polo Grupo Cinematográfico Fonmiñá que, desde 1979, ven facendo frente a dificuldades diversas, económicas nomeadamente, para manter esta actividade tan cara á cidadanía luguesa.

Neste ano, as proxeccións -gratuitas ou con prezos baixiños- pasaranse no Auditorio "Gustavo Freire", na sala da Caixa Galicia, na Biblioteca Pública e na Deputación Provincial.

As 10 seccións poñen ao noso dispor máis de 50 filmes, de moi diferente tipo: longas e curtametraxes, cinema clásico, animación... hai onde escoller.

Pola relación que teñen coa lectura, salientamos dúas proxeccións: unha baseada nun relato do noso Ánxel Fole : O tesouro e a outra -con moitos premios no seu historial- realizada a partir dun conto de José Saramago: A flor máis grande do mundo, obra moi recomendada nos blogues amigos das Blibliotecas Escolares Galegas.

A non perder.

quinta-feira, 17 de setembro de 2009

Aproveitando os recursos de Meiga


É probábel que ainda non te beneficiases dos diversos recursos que podemos usar por sermos usuarias e usuarios do programa Meiga na nosa biblioteca.

Para non perderes esta axuda, debes entrar no noso sitio OPAC de Meiga, en Recursos web/Recursos electrónicos (na columna esquerda da páxina, ao final); unha vez dentro, clicas no título da ligazon que sexa do teu interese.

A seguir, como Usuario debes introducir o número de carné da biblioteca e, como contrasinal, o teu nome ou algún dos teus apelidos; clicas INTRO e xá tes ao teu dispor un amplo campo para aprenderes, para realizares traballos, curioseares, etc.

segunda-feira, 14 de setembro de 2009

Agradecimento á EF do Porto


Comezamos ano académico con un especial agradecimento; é para a Escola de Física do Porto polo traballo que desenvolve na Escola de Verão de Física e por ter seleccionado, para esta 5ª edición, alumnado do noso centro. Grazas á Vitória Sánchez do IES Martaguisela do Barco, por me ter informado da convocatória, e a Xavier Valle Regueiro por nos ter deixado un comentario na entrada anterior, contando as súas impresións sobre o vivido no Porto.

Xavier Valle Traballou en Supercondutividade e Ana Gallego en Econofísica: Análise de mercado financeiro. En canto agardamos por unha crónica da actividade que desenvolveron -agradeceriamos que Ana tamén nos contase algo-, deixamos a seguir un vídeo do proxecto de Xavier:



25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...