In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

quinta-feira, 14 de janeiro de 2010

Informándonos

En Outubro de 2009, a UNESCO apresentou o relatorio Investir na diversidade cultural e o diálogo intercultural, que dedica o capítulo terceiro á diversidade linguística do planeta e trata temas como o desaparecimento das linguas, os vínculos entre lingua e negócio, lingua e inmigración, lingua e identidade, entre outros.

Parece como se o Presidente da Xunta de Galiza se documentase nel para ir contra a esencia do expresado no punto relativo ás linguas, onde lemos:

As linguas son os vectores das nosas experiencias, os nosos contextos intelectuais e culturais, os nosos modos de relacionármonos cos grupos humanos, os nosos sistemas de valores, os nosos códigos sociais e os nosos sentimentos de pertenenza, tanto no plano colectivo como no individual.
A expansión das linguas vehiculares (especialmente do inglés),que vai unida aos procesos da mundialización, está tendo consecuencias moi importantes para as linguas en todo o mundo. As mudanzas ocorridas nas linguas como reacción a unha multitude de fenómenos políticos, sociais, económicos e culturais e os efectos da mundialización na diversidade lingüística, distan moito de ser simples e, con frecuencia, son contraditorios. En moitos casos, a sustitución das linguas minoritarias non ten lugar en favor do inglés, senón doutras linguas e dialectos rexionais rivais, o cal induce a pensar que a utilización xeneralizada do inglés limítase posiblemente a finalidades específicas como as transacciones ou a comunicación funcional.


Na entrada anterior, deixamos as "Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia". Son numerosas as fontes en que te podes documentar para coñecer o que suporia a súa implantación e diversas, tamén, as actividades en que te podes implicar; seguen algunhas referencias:





Colectivos:
Coordenadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
A Mesa pola Normalización Lingüística
Queremos Galego
Mocidade pola língua
Publicacións periódicas:
Correio do Minho
Vieiros
A Nosa Terra
Redes Sociais con citas como "Non á derrogación do decreto do galego" ou "Paremos o decretazo contra o galego":
Tuenti
e en
Facebook

1 comentário:

Ronsel disse...

Vémonos o xoves na manifestación?