sexta-feira, 12 de fevereiro de 2010

Carnaval 2010

Neste último día de aulas antes do Carnaval, os corredores do instituto recobraron o ton festivo de outros tempos grazas, especialmente, ao entusiasmo da profesora Carmela Mendo e ao alumnado do ciclo.
Levan semanas traballando: reciclaron revistas e outros materiais para enfeitaren a planta baixa e organizaron un concurso de disfarces.
Durante o recreo e no seguinte período lectivo, asistimos ao desfile dos mascarados -e disfarzados sen mascarar- e á entrega de premios.
O lumnado de português de 1º de BAC adozou o padal do profesorado con filloas, orellas e outros produtos deste tempo, obtendo, asi, algún recurso económico para a viaxe de estudo a Lisboa que proxectan realizar no mes de abril.
Aquí deixamos este testemuño gráfico:

3 comentários:

Bibliobaronceli disse...

Desde Verín, co corazón peliqueiro, adiante co entroido.

Chispa disse...

Noraboa por ese esforzo. Sempre é grato recuperar tradicións, e o "ton festivo dos outros tempos".
Saúdos desde Ferrol

Anónimo disse...

Seguide así, recuperando a festa do entroido e dando participación ao alumnado. Parabéns a Carmela e aos do ciclo

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...