segunda-feira, 8 de fevereiro de 2010

II Semana da Imprensa Económica

A biblioteca acollerá desde hoxe, dia 8, e até ao próximo venres, 12 de febreiro, a II Semana da Imprensa Económica, con actividades diversas que visan desenvolver a alfabetización neste campo da información.
Todo o profesorado que o desexe, poderá aproveitar a oportunidade para traballar co alumnado -na clase ou biblioteca-  os temas que ache oportunos, anotándose no cadro horario que, para este fin, se colocou na Sala de Profesores  e na propia biblioteca.
Ao dispor de quen teña interese ou vaia traballar,  teremos prensa económica en diferentes linguas (Cinco Días, Expansión, El Economista; Nova +,  Empresa y Finanzas, Capital, Emprendedores, The Economist, Actualidad Económica, Mi Cartera de Inversión...)

A Rede oferece variados xornais e revistas a que se pode acceder desde a columna lateral, etiqueta Publicacións Periódicas;   a seguir,  estas publicacións:





Sem comentários:

"Nunca me pintes costuras nos labios"

Co gallo do Día Contra a Violencia de Xénero , na Biblio o alumnado de Artes Escénicas e Danza de 4º da ESO realizaron unha performance a p...