Nesta semana retiramos a exposición Xornais do Mundo que, na súa viaxe por diversas Bibliotecas Escolares Galegas, recala agora na Biblioteca Poeta Díaz Castro de Guitiriz.
Non podemos deixar de agradecer, máis unha vez, o bon traballo e a xenerosidade de Bibliarousa, a Biblioteca do IES Illa de Arousa. Estamos tamén agradecidos con todas aquelas persoas do noso centro que, das súas viaxes, trouxeron as voces xornalísticas de lugares ben afastados e diversos; grazas igualmente aos nosos colegas do Tibble Gymnasium que nos visitan cada ano e trouxeron xornais da Suecia.
Ao coincidir o tempo da exposición con diversas viaxes realizadas por alumnado do centro, sabemos que algúns cursos non puideron aproveitala na medida que sería desexábel. Aínda que non é o mesmo, a continuación, deixamos unha reportaxe fotográfica para quen a quixer "visitar" aquí:
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...

-
Só coa túa colaboración, encotraremos solucións. Le con calma o cartaz que colocamos a continuación; se non entendes algo, pregunta ao pro...
-
Do blogue do CEIP Isaac Peral (que suxerimos para encontrar unha amplísima información e documentación para traballarmos nas aulas acerca ...
-
Anosado con Luís Tosar, ex-alumno do instituto, anosado co seu discurso e a súa viciñanza. Parabéns, Luís! Sentimos orgullo polo teu magníf...
Sem comentários:
Enviar um comentário