Son múltiplas as actividades e os traballos que neste ano -e máis nestes días- se están a desenvolver en volta da personalidade de Uxío Novoneyra.
Tanto de aquí como da columna lateral, pódese chegar a unha selección de materiais que recollemos, especialmente das Bibes galegas, mais tamén de outros sitios: aí pódese ler, escoitar, cantar; emocionarse, rir, entreterse e, por cima de todo, aprender.
E, como aperitivo, deixamos dous vídeos:
O primeiro recolle unha homenaxe a Uxio Novoneyra que aconteceu no teatro Rosalia Castro da Coruña no mes pasado; escoitaremos varios poemas de Uxio Novoneyra musicados por Uxia Senlle e Sérgio Tannus con Ramón Campos, na presentación do documentario Canto de Permanencia, de que xa falamos.
O segundo é o primeiro de cinco (parece un xogo de palabras), recollidos na nosa selección; naceu aquí, no instituto (véxase a antoloxía) aló polo ano 1985 e estaba inédito até hai ben pouco; observade o que mudaron os tempos en relación á tecnoloxía:

Sem comentários:
Enviar um comentário