sábado, 16 de outubro de 2010

Intercambio "francés"

O noso instituto organiza por primeira vez un intercambio co Lycée Jean Dautet de La Rochelle. Os vinteún participantes saíron o día 13 cara a Francia e volverán o día 20.
Podes saber como lles vai, visitando a páxina web do noso instituto ou picando aquí. Día a día van contando as súas experiencias e achégannos ao momento tan delicado que está vivindo o país durante esta semana con continuas folgas e manifestacións. Ésto é o que contan, por exemplo, no seu diario do venres 15 de outubro

Na chegada ao lycée aparecen de novo piquetes de estudiantes que queren impedir o acceso dos alumnos. Arrastran contenedores coa intención de pechar a entrada. O director, a vice,( M. le Proviseur, l´adjointe ) e a seguridade do lycée o impiden. Francia está mobilizada contra a reforma das pensións, non hai combustible, as protestas son continuas. Mañá haberá manifestación de novo.
Os nosos asisten interesados a todo isto.
As familias francesas estanse a portar 10. Todo é entusiasmo. Hoxe foron a varias clases. Un grupo que foi a clase de español, axuda á profesora na explicación dun texto sobre Cataluña , o tema da lingua propia e interveñen para falar da situación do galego.
No museo das maquetas e do xoguete disfrurtaron bastante. No naútico recorren os pantaláns. Na tarde o acuario remata o día.
Na fin de semana as familias francesas proxectan actividades de tempo libre. Vai fresco, pero o sol está aí.


E para que vexamos o ben que están... unha foto chea de sorrisos

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...