In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

quarta-feira, 17 de outubro de 2012

E no Samain...5º concurso!

Xá está aí o Samain ou Ano Novo Celta , agora reconvertido en Halloween !
Homenaxeando  tradicións antigas e actualizando un concurso que, desde hai cinco anos, organizamos desde a biblioteca, convocámosvos para participardes (non só o alumnado) nesta edición, atendendo ao que segue:
1. Tipos de participación :

  • Cabazas adornadas
  • Posters alusivos á festividade
  • Pasteis e doces feitos con castaña, cabaza ou produtos da época.
  • Poemas, cantigas, contos alusivos á celebración
  • Móbiles colgantes con motivos propios de Hallowenn/Samain

2. Datas e lugar de entrega de materiais participantes: 

Desde o día 29 de outubro ao 31 deste 2012, na biblioteca.

  • As participacións con produtos gastronómicos só se entregarán o día 5  de novembro.
3. Exhibición: 

Desde a entrega até o 6 de novembro.

4. Premios: 

Sorpresa!

5. Entrega de premios: 

Martes, 6 de novembro, ás 11h15 na biblioteca.



Samaín-Halloween on PhotoPeach

Sem comentários: