Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza un concurso de posters cos que denunciar e sensibilizar contra esta lacra social que é o maltrato á muller.
As bases do concurso son as seguintes:
1. Mensaxe en Galego acorde coa loita contra o maltrato á muller.
2. Tamaño do poster A4 ou A3.
3. Emprega con liberdade calquer estilo, técnica ou cores na súa realización.
4. Valorarase a creatividade e orixinalidade.
5. Máximo un cartel por participante.
6. Os carteis participantes formarán parte dunha exposición no corredor principal.
Tedes ata o 27 de Novembro para depositalos a concurso na Biblio durante os recreos, e neles debe figurar o voso nome e curso.
O xurado estará composto polos membros do equipo da Biblio e o Departamento de Educación Plástica e Visual.
Os premios serán tres por niveis educativos: 1º ciclo e 2º ciclo de Secundaria e Bacharelato, e consistirá nun vale de 25€ para investir na tenda Totem.
GRAZAS POR PARTICIPAR!!!