Mostrar mensagens com a etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 28 de maio de 2018

Día das Letras Galegas 2018


Día das Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno


Este ano celebramos o Día das Letras Galegas con distintas actividades:
  • un "scaperoom" para 1º da ESO, un xogo de probas arredor de María Victoria Moreno e co que tamén se traballou o uso da biblioteca : "Consigue a chave coa clave" resultou un xogo divertido e motivador para o alumnado.





  • concurso de lectura en voz alta, na biblioteca, do libro de María Victoria Moreno Leonardo e os fontaneiros; o gañador foi Miguel Alejandro Fernández


Visita o Facebook do IES para ver máis videos do concurso.










segunda-feira, 18 de dezembro de 2017

Letras Galegas 2018


A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua da autora homenaxeada en 2018, María Victoria Moreno Márquez, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu.
Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación.
O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2 000 €.
O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para o coordinador ou coordinadora).
Convocatoria: Pincha aquí


sexta-feira, 26 de maio de 2017

Celebramos as Letras Galegas.

Para a semana das Letras Galegas fixemos diferentes actividades dende a Biblio.
A primeira, a exposición de pósters facilitados pola Consellería no corredor diante da zona da Biblio.
A segunda, unha exposición das obras de Carlos Casares que a nosa Biblioteca posúe entre os seus fondos.
A terceira, un concerto con dúas peciñas galegas a cargo das alumnas de 4º de ESO de Música e das alumnas de Expresión Vocal e Coral.
A cuarta, embelecemos a entrada á Biblio con Letras Galegas colgantes e tamén no interior da Biblio, unha actividade realizada polo alumnado voluntario, polos axudantes de Biblioteca.

A continuación deixámosvos imaxes de todo o relacionado anteriormente.




sexta-feira, 11 de novembro de 2016

Concurso: Exposición sobre Carlos Casares

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2017, Carlos Casares Mouriño , e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.
Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación (centros de educación infantil e primaria por un lado, e centros de secundaria, por outro. O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2.000 €.
O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para o coordinador ou coordinadora).
O prazo de presentación dos traballos remata o día 22 de xaneiro de 2017.
Máis información sobre a convocatoria: pincha aquí

terça-feira, 17 de maio de 2016

Día das letras galegas



O vídeo que segue contén o poema A fala de Manuel María, un breve percorrido pola historia das Letras Galegas e o poema  o Melro interpretado por Uxía e Xabier Díaz.


quinta-feira, 12 de maio de 2016

Manuel María


O escritor lucense Manuel María Fernández (Outeiro de Rei, 1929- A Coruña, 2004) será o autor homenaxeado no Día Das Letras Galegas 2016.

Poema "Galicia", de Manuel María, cantado por Fuxan os Ventos



Galicia
Manuel María Fernández

Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras para labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento...
¡Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e maila fala
¡Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!


quinta-feira, 19 de novembro de 2015

Concurso: Tema "Manuel María"


Con motivo do Día das Letras Galegas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca un concurso - para centros de educación secundaria e bacharelato-  para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2016, Manuel María Fernández Teixeiro, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que viviu.

Prazo de presentación dos traballos: remata o día 22 de xaneiro de 2016

Máis información: aquí


segunda-feira, 18 de maio de 2015

Xosé Filgueira Valverde

A pequena xoia recuperada por mediación de Aurelia  Vázquez.

  O prestixioso artesán da pedra e restaurador  Pepe Barxa  conseguiu volver á vida esta depauperada alfaia: El libro de Santiago de Xosé Filgueira Valverde, o vello profesor, de xeito totalmente desinteresado.


    Pepe Barxa esculpindo o Cristo resucitado para o retablo da igrexa


Barxa accedeu a concluír o retablo pétreo da igrexa de Escairón.
     Natural de Pesqueiras, O Saviñao, Pepe Barxa é  tamén pintor, escultor, deseñador e restaurador. 

Por outra banda, dentro das actividades do EDNL, Paloma, Alejandro e Judith de 1º ESO len por megafonía: O nome dela ( Quintana Viva) coma homenaxe a X. Filgueira Valverde.





quinta-feira, 17 de maio de 2012

Contra a crise (da lingua): Paz-Andrade

Ningún tópico tan sobado como o do amor a Galicia. Escoitamol-o a cotío, nos mais deversos tons decramatorios, ora pra matizar sentidas protestas de galeguismo, ora pra encubrir a turba aparencia de accións inxustificabres.
D-esa crás de amor a Galicia, pra uso de brandos sentementales e de malabareiros retóricos, queremos denunciar hoxe o que ten de truco inxenuo. Con tud-o amor a Galicia en que andan a se derreter xentes tales, ningún positivo ben se recada par-a Terra. Seguirá vivindo Galicia, coma dende fai catro longos séculos, en rexime de colonia, sen concencia esperta pra se rebelar e manumitir. É un amor que arrola, e, pol-o tanto, adurmiña no actual estancamento, na indinidade e na servidume.
(Revista A Fouce, nº 30, 1 de AbriI de 1931).

Xa pasou case un século desde a escrita destas palabras de Valentín Paz-Andrade que, infelizmente, ainda vigoran hoxe; os "malabareiros retóricos" continúan tendo á man o microfone ou o podio para ecoaren, en datas sinaladas e rituais, ese "amor" á terra e á lingua que, porén, non conseguiu adormecernos.
Especialmente hoxe, debemos estar alertas a esa malabareirice: será a que oculte  un inxente traballo sobre Valentín Paz Andrade (olla aquiaqui, aqui e Bibliotecas Escolares Galegas) e  boa parte do seu legado.

Como homenaxe a Paz-Andrade, podemos mergullar no coñecemento da sua constante reflexión  sobre a Galiza como proxecto de futuro; é sempre destacada a súa faceta de economista, mais non sempre se pon de relevo a concepción multidisciplinar  dos seus plantexamentos económicos, tamén proxectados para a lingua, unha lingua galega internacional, "transcontinental", anti-crise: 

¿Que camiño debe escoller Galiza para axustar a futura evolución da sua lingua? ... ¿Non pode d-algún xeito estar recramendo certa virada no rumo da política interna do idioma? ... ¿O galego ha de seguir mantendo unha liña autónoma na sua evolución como idioma, ou ha de pender a mais estreita similaridade co-a lingua falada, e sobre todo escrita, de Portugal e-o Brasil? ... Non se pretende chegar á unificación literal. mais trátase de conter a disociación, facendo os axustes necesarios pra aproveitar as ventaxas mútuas que un intertroque permanente podería proporciar. A ninguén se lle oculta que, da parte da Galiza, hai a gañar moito mais que a perder, si a relación entre unha e outra fala se avivece e sostén. (“A evolución trans-continental da lingua galaico-portuguesa” in O Porvir da Lingua Galega. Círculo de las Artes, Lugo,1968

 Que sorte de cegueira pode aínda hoxe, co-a mellor intención, seguir pechando as portas do idioma, abertas car-a sua máis grandiosa froración humán e literaria? Cecais estamos diante do no máis tolledor da cultura galega, aínda que moitos non teñan reparado n-el.
(Epistolario 1997)



quinta-feira, 5 de janeiro de 2012

Excepcional: Isaac Diaz Pardo




Sempre me marabillou escoitar a palabra de Isaac Díaz Pardo, o humor que a acompañaba, a súa xenialidade. Diso ficamos orfos desde hoxe, mais non do que a xenorosidade e teimosía súas permitiron que legase a Galiza.
Un dos obxectivos máis perseguidos de  Díaz Pardo foi  facer real unha idea de Lorenzo Varela: crear o xornal Galicia, cuxo nome lembraría a cabeceira que Valentín Paz Andrade (Letras Galegas 2012) realizara en Vigo (1922-1926). Foi con este fin que  no 26 de novembro de 1977 se constituíu no Museo Carlos Maside a sociedade “Instituto Galego de Información, S.A.”.
 Infelizmente, empecillos de diverso tipo, especialmente políticos, foron ralentizando o proxecto até acabar por leválo á parálise total. Só chegamos a coñecer o número 0, publicado no 23 de xaneiro de 2007, precisamente como homenaxe ao infatigábel promotor.  E aquí o deixamos, tamén como honra e agradecimento a Isaac Díaz Pardo:

quarta-feira, 4 de janeiro de 2012

Celso Emilio Ferreiro

Nun 4 de xaneiro de 1912,  naceu en Celanova (Ourense) Celso Emilio Ferreiro.
E parabenizámonos por termos viva a súa palabra, máis viva aínda neste ano a el dedicado.

Na nosa man está homenaxealo lendo ou relendo a súa obra. Aquí temos unha escolma de diferentes obras. Mais, para comezar, deixamos un dos poemas de Viaxe ao país dos ananos e a versión musicada por Dios ke te crew de "Deitado frente ao mar":

Compromiso

Estóu entre vós
e de vós falo, homes.
Non me importan
as derradeiras modas
nin os modos snob
dos poetisos
que proclaman o estrume por divisa.

Eu canto dende dentro do meu pobo.
Tido,
metido,
prometido,
comprometido
cos homes, meus irmaus,
meus camaradas na loita
pola libertá.
Non me importa
o que digan mañá
os aduaneiros da poesía.
Si un intre só
conquiro darvos folgos
co meu canto,
ficarei moi contente
e non perciso
máis
nada



sábado, 12 de novembro de 2011

De utilidade


De certeza que, para moitas persoas, van ter interese estes dous sitios que apresentamos:

- O Compendio das cantigas medievais dos cancioneiros galego-portugueses, con ilustracións, versións musicais, imaxes dos cancioneiros... unha marabilla.

- O conxugador verbal Cilenis, xerador de conxugacións  en galego e en portugués (europeo e brasileiro).
Cilenis é unha empresa  creada en 2011 por membros do grupo de investigación ProLNat@GE, na Universidade de Santiago de Compostela. A ela debemos tamén o tradutor Opentrad.

Os enlaces, na columna lateral esquerda, no título Outras axudas.

quarta-feira, 25 de maio de 2011

Gala Letras Galegas

Neste próximo venres, ninguén debe deixar de pasar polo Salón de Actos; vinde, pois, con provisión de sandes ou o que necesitedes para repor as forzas da mañá porque non vai  haber tempo para ir comprar.

Nun tempo escaso, son varios os actos que reclaman a nosa presenza:


* As actuacións musicais de Maestres de Altaïr (grupo integrado por alumnado de 4º e vencedor no concurso do pasado ano) e de Miriam López Vila, de 2º de Bac.

* Salvando libros: quen paricipou nestea actividade interbibliotecaria salvará na memoria e coa voz o fragmento seleccionado do libro salvado.

* Presentación do último número da revista  Tempus das Letras

* Entrega de premios do VI Concurso Literario Letras Galegas, con estes resultados:
Relato Curto:

1º Premio: Carmen Jorge Diáz (3ºA)
2º Premio: Xosé Rei López (1º C Bac)
3º Premio : Andrea Dorado López (2º B Bac)

Poesía:

1º Premio: Estela Fernández Sánchez (1º ESO B)
2º Premio: Estela Quijada Viña (2º E Bac)
3º Premio: Carla Serrano López (1º D Bac)

E ainda numerosas mencións especiais e diplomas.
Parabéns para todas e todos!!!

terça-feira, 17 de maio de 2011

Letras Galegas. Salvando libros


SALVANDO LIBROS

Que libro salvarías ti?


Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.


Pretendemos difundir a idea de que é imposíbel destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.


Maio 2011

Queremos dar  moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posíbel a actividade.


Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí

e algunhas das interesantes cousas que fai aqui
e tamén aquí….


Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade



salvandogrande


 

Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.


Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.


Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre. 


A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.

Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil






 Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria





Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Ensino Secundario e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e a cultura




  ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:



Esta entrada é parte da realizada por Mesturas.
Moitísimas grazas a  Jaime Eizaguirre Santillán, IES Luís Seoane, Escola Unitaria de Vide, Mesturas e  a todas as persoas que fixeron posíbel esta salvación colectiva da 
Literatura Galega




Lois Pereiro 7 a 1 (7). Inédito

E hoxe, Día das Letras Galegas, deixamos aquí un inédito de Lois Pereiro que coñecemos onte, grazas a Edicións Positivas que, no seu Facebook, disponibiliza este texto, nacido para  "publicar na lapela/solapa/badana do seu primeiro libro, pero como o libro non tiña lapela daquela quedou fóra. Despois de moitos anos atopámolo con moito esforzo e con moita sorte": 

Fonte
POR UNHA FICHA POLICIAL DO PENSAMENTO
Lois Pereiro, DNI 14248884, nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958- Trinta e tres anos. Fillo de Manuel Rodrigo e Inés. Cabelos castaños-roxizos e algúns brancos. Ollos verdes ou grises, segundo a luz.
Extrema delgadeza, pómulos pronunciados, rostro longo e estreito. Nariz longo e lavres finos. Ollada inquedante e sombría.
Potencialmente perigoso, quizais só para si mesmo, e por ese motivo, tamén para o sistema. De tendencias libertarias, pero sen ideoloxía concreta ou definida. Polo de agora a súa obra é case exclusivamente poética, publicada en antoloxías ou revistas e distintas publicacións.
Os libros “De amor e desamor” I e II, unha antoloxía poética de ámbito estatal: “Después de la modernidad. Poetas españoles en sus lenguas territoriales”, de Julia Barella, e outros libros antológicos ou conmemorativos coma o de poemas premiados en tódalas edicións do Concurso de Poesía “O Facho”, etc…
A súa poesía manifesta a presencia do alento atlántico, pero sen alonxarse da Galicia interior, dentro da fonda tradición palpable nos bosques do Incio, de onde procede a súa familia, e forma parte da “patria da súa infancia”.
Recolle as influencias asumidas e mitificadas de autores como Ezra Pound, Yeats ou Dylan Thomas.
Lois Pereiro define a súa loita co proceso de creación como “unha caída de si mesmo, un internamento no abismo, para logo reconstruírse, unha aprendizaxe en loita contra o insomnio”.
“A poesía”, dicía Conrad, “é coñecer o Ser no fracaso”.

XXIX Feira do Libro de Lugo

Desde hoxe, día 17, e até o próximo domingo, 21, teremos  na Praza Maior de Lugo a Feira do Libro: unha boa ocasión para comprar, buscar, ler, escoitar e asistir a diversas actividades.

Hoxe, Día das Letras Galegas, ás 18h30, teremos un recital poético: Poetas de Lugo arredor de Lois Pereiro (con Marica Campo, Xabier Rodríguez Barrio, Xerardo Quintiá, Xosé Miranda e Manuel Xosé Neira).

Todos os días, ao serán,  sortearanse lotes de libros. Encontraredes completa información das actividades no sitio da Federación de Libreiros de Galicia.

Cartaz de Alejandro Domato

segunda-feira, 16 de maio de 2011

Lois Pereiro 7 a 1 (6)

"Quero ser como Manuel Antonio, un poeta fabuloso que morreu novo, que deixou un só libro e dixo que nunca escribiría unha palabra en castelán."

(Palabras ditas a Piedade Cabo e recollidas n' A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, de Antón Lopo, páx. 56).

Letras Galegas. E. Guerra da Cal


Grande descoñecido na terra propia, foi nos EUA onde se formou e desenvolveu unha frutífera e intensa actividade literaria e académica. Profesor e director do Departamento de español e portugués do Washington Square College, desde mozo publica poemas en diferentes revistas; Lua de além mar  é o seu primeiro libro de poesía, seguido, entre outros, por Rio de sonho e tempo.  
No pasado 25 de abril, apresentouse Guerra Da Cal. Breve Antologia Poética e, ao tempo, o sitio conmemorativo do seu centenario, homenaxe  organizada pola Academia Galega da Língua Portuguesa  e apoiada por numerosas organizacións e colectivos (Associaçom Civil de Amigos do Idioma Galego, Associação de Docentes de Português na Galiza, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Associaçom Galega da Língua, Associaçom Galega de Mães e Pais AGARIMAR, Associação Internacional dos Colóquios da Lusofonia, Associação Vogal, A Mesa pola Normalización Lingüística, Centro Social A Gentalha do Pichel, Fundaçom Artábria, Fundación Galiza Sempre, Fundaçom Meendinho, Fundación Via Galego, Instituto Cultural Brasil-Galiza, Instituto Galego de Estudos Célticos, Instituto Galego de Estudos Internacionais e da Paz,  Movimento de Defensa da Língua, Nova Escola Galega, Sociedade de Geografia de Lisboa, Universidade Aberta.)
 
Mañá, 17 de maio, ás 11h30, Ernesto Guerra Da Cal e Lois Pereiro partillarán homenaxe en Santiago de Compostela, diante do monumento dedicado a outro dos grandes creadores e estudosos da lingua, Ricardo Carvalho Calero.

"É um facto que a língua irmã contém, no seu nível rústico, quase todo o galego. Há que fazer -e isso e tão fácil!- que o galego contenha, no seu nível culto, o português".
(Ernesto Guerra da Cal, "Nota Preambular" a Lua de Além Mar e Rio de Sonho e Tempo, ed. AGAL, 1991)
 


domingo, 15 de maio de 2011

Lois Pereiro 7 a 1 (5)

(E se ainda hai máis vida de onde saíu esta,
á que roubarlle palabras de amor e morte, voulle
retorcer o pescozo ata que sinta noxo do que deixa atrás. 
Pero daquela xa terá penetrado
nun remuíño de silencio e de humidade, 
calando máis a miúdo cada vez...)

Declaración

Amarte, vida, amarte case sempre,
inda que sexas dura e leves enntremedias 
piedade e odio intermitentemente.

Es ti a que sempre educas e aceleras
a doenza letal dos que non se resignan
a ignorar como es en realidade:
somentes un traxecto
cómodo e aldraxante cara á morte, 
un tránsito inútil e innecesario.

Pero a ignorancia salva ós que non queren
arriscarse a perderte tan axiña
a cambio da renuncia a profanarte.

E aqueles dentes que perdín
precisaríaos agora para defender
as conviccións nas que me reafirmo.

Solidario e amable, se é posible,
ou lobo estepario no deserto,
completarei o círculo insurxente
coas balas do desexo.

                                  agosto, 95

De Poesía última de amor e enfermidade

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...