Mostrar mensagens com a etiqueta Concurso. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Concurso. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 9 de outubro de 2018

Concurso de Carteis Fame Cero

Con motivo da celebración do Día Mundial da Alimentación (DMA) o 16 de outubro a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) lanza unha campaña de información e concienciación contra a fame no mundo.
O lema deste ano 2018 está dedicado ao segundo Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS2): a fame Cero, que non só pretende acabar coa fame, senón tamén lograr unha nutrición mellorada e unha agricultura sustentable.
Concurso de Carteis Fame Cero
Como parte da campaña a FAO puxo en marcha a VII Edición do concurso de carteis do DMA, dirixido a escolares de 5 a 19 anos e que este ano versará sobre a fame cero. Na pasada edición participaron máis de 10.000 estudantes provenientes dun centenar de países.
Os carteis poden ser debuxados, pintados ou deseñados dixitalmente e subidos ao sitio web do Día Mundial da Alimentación. para concienciar e inspirar a FAO creou creado o libro de actividades 2018 Traballando pola fame Cero.
Inscrición
  • Prazo: termina o 9 de novembro de 2018.
  • Inscrición: formulario dispoñible en 
http://www.fao.org/world-food-day/2018/contest/enter-the-contest/é/. 
Máis información

terça-feira, 25 de setembro de 2018

Concurso Literario “Cambados Mar de Letras”.


O IES Francisco Asorey de Cambados, co Patrocinio do Concello de Cambados,convoca na súa 1ª edición, o Concurso Literario “Cambados Mar de Letras”.

Dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, que estean cursando estudos de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, e sempre que non superen os 20 anos de idade.

Modalidades:

POESÍA: cunha extensión máxima de 100 versos, nun único ou varios poemas, de tema e forma libres.

RELATO CURTO: cunha extensión comprendida entre 3 e 6 folios, de tema libre, mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara.

Presentación das obras:
As obras deberán ser orixinais, inéditas e escritas en Lingua Galega, segundo a normativa ortográfica vixente. Deberán enviarse 4 copias en papel, e unha en formato dixital (Word, pdf, open office) nun CD ou nun Pendrive. Neles figurará o título e a plica, ou pseudónimo,do autor. Os orixinais irán acompañados dun sobre pechado onde figurarán os seguintes datos: Nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono, correo electrónico, fotocopia do DNI, centro no que realiza os seus estudos, e o curso no que está matriculado.

Prazo de presentación: desde o 17 de maio de 2018 ata o 10 de outubro de 2018

Para máis información, bases do concurso: aquí


segunda-feira, 8 de janeiro de 2018

XV Concurso escolar de debuxo sobre dereitos humanos


Co fin de promover o coñecemento dos dereitos humanos entre os escolares españois, o Defensor do Pobo de España (e. f.), coa colaboración da ONG Globalización dos Dereitos Humanos, convoca o XV Concurso escolar de debuxo, Defensor do Pobo 2017-2018.
 
Establécense os seguintes premios: tres para Primaria e tres para Secundaria, (ESO, bacharelato e ciclos formativos de Grao Medio), así como un para Educación Especial, consistentes nun computador portátil netbook para cada gañador. Os premiados tamén recibirán do Defensor do Pobo unha axuda económica para o seu desprazamento a Madrid a recoller o premio, así como un diploma acreditativo. O xurado poderá conceder accésits ou premios extraordinarios e as mencións honoríficas que considere oportunas, así como declarar deserto calquera dos premios.

Os traballos candidatos ao premio faranse chegar, antes do 15 de abril de 2018, á seguinte dirección postal: Apartado de correos 15020, 46015 Valencia.

Bases: pincha aquí.

Caderno do profesorado: pincha aquí.

Información sobre o defensor so pobo e os dereitos humanos: pincha aquí.

segunda-feira, 16 de outubro de 2017

Concurso Nacional de Deseño de Selos

Inscrición: Do 02/03/2017 ao 17/11/2017
Convoca: Correos.
Información:
Correos convoca a cuarta edición do seu Concurso Nacional de Deseño de Selos co obxectivo de difundir o valor do selo como medio e soporte de expresión artística, de contador de historias e transmisor de cultura, ademais de ser elemento de franqueo.
O obxectivo é fomentar a creatividade e o desenvolvemento de actividades culturais que plasmen o valor do selo nun amplo número de poboación, establécense dúas categorías: xeneral e xuvenil.
A temática é libre. O obxectivo de dita temática é ceder o selo como lenzo en branco para que cada artista o utilice como soporte para falarnos de algo que lle apaixone, preocupe, inspire ou motive. Poden ser obras ilustradas, gráficas, pictográficas, fotográficas...Todas as disciplinas caben nun selo.
Criterios de cualificación:
Para elaborar o fallo final, o xurado terá en conta o valor e calidade do deseño e a adecuación do mesmo á temática proposta polo/pola artista. Quedarán excluídas de concurso todas aquelas propostas nas que aparezan persoas vivas como referencia directa e obxecto da obra.
Requisitos:
  • Categoría xeral: aberta a residentes en España maiores de 18 anos a data do inicio do concurso.
  • Categoría xuvenil: aberta a residentes en España de entre 12 e 17 anos de idade a data do inicio do concurso.
Presentación e prazos:
Contémplanse dúas formas de presentar as propostas:
  • Formato dixital, utilizando o persoal descargable e subindo a peza final. Neste caso, o prazo de presentación das obras concluirá o 17 de novembro de 2017.
  • Formato manual, mediante a impresión do persoal e a realización do traballo sobre a mesma. Quen opte por esta última opción deberán enviar as súas obras por correo físico ata o día 10 de novembro de 2017.
Contacto:
Subdirección de Filatelia (Vía de Dublín, 7-planta 5ª - 28070 Madrid)




terça-feira, 20 de junho de 2017

Concurso `L´Europa inizia a Lampedusa´


Descrición
O Goberno italiano convoca un concurso dirixido a alumnado de centros de secundaria dos diferentes países europeos. Esta iniciativa enmárcase dentro do proxecto Europe begins in Lampedusa, que se celebra por segundo ano, e que se centra na migración, os refuxiados, os solicitantes de asilo e o dereito internacional humanitario.
Participantes e prazo
Alumnado de 16 a 18 anos que estea matriculado nun centro de secundaria dun país europeo. Os traballos deben ser presentados polo titor e deberán ser enviados por Wetransfer antes do 27 de xuño de 2017.

Modalidades
O concurso articúlase en tres seccións:
  • Artes literarias. Poderanse presentar traballos literarios (poesía, novela, conto, etc.) non superiores a 4.500 caracteres en lingua inglesa.
  • Artes visuais. Esta sección inclúe imaxes de pintura en papel ou lenzo, debuxos ou cómics realizados con calquera técnica ou material e que non superen os 35×50 cm. Tamén se inclúen nesta sección fotografas en formato .jpeg ou .png cunha resolución mínima de 1024×768, que poderán tomarse calquera dispositivo (cámara, teléfono móbil ou tableta).
  • Multimedia. Nesta sección poderanse presentar vídeos con extensión .avi ou .mp4 cunha duración máxima de 5 minutos, unha páxina web, unha app, ou un libro electrónico. Este material debe enviarse nun CD-Rom ou DVD e debe funcionar nos buscadores máis comúns (Internet Explore, Mozilla Firefox, Google Chrome, etc.).
Requisitos
Todos os traballos deben ir acompañados dun resumo dunhas 300 palabras en inglés e deben cumprir coas leis europeas de copyright, ser orixinais e non ser publicadas.
Os 9 centros que sexan seleccionados serán convidados a participar nas actividades que se desenvolverán en Lampedusa do 30 de setembro ao 3 de outubro de 2017. Os gastos de viaxe e aloxamento estarán cubertos polo MIUR (Ministero dell'Instruzione dell'Università e della Ricerca).
Máis información: aquí

terça-feira, 6 de junho de 2017

Concurso de cuentos


Participantes 
Poderá participar todo o alumnado que estude nun centro de educación público, concertado ou privado dentro do ámbito español. 
Temática
A solidariedade: tratará de desenvolver a propia experiencia da persoa participante, en relación á súa mirada sobre a solidariedade como valor humano e contribución á sociedade.
Obxectivo
Potenciar a interacción entre a escola e a comunidade e a escola e a familia, a través da redacción dun conto, que fomente a creatividade da mocidade.
Requisitos
  • Categoría Infantil (6-11 anos): os relatos terán unha extensión máxima de 800 palabras.
  • Categoría Xuvenil (12-18 anos): os relatos terán unha extensión máxima de 1.200 palabras.
Prazo
Desde o día 15 de marzo ata o 31 de outubro de 2017, ambos inclusive.
Bases: Pincha aquí.
Organización que convoca: Fundación MAPFRE

sexta-feira, 5 de maio de 2017

Campaña Eles Ensínanche


Descrición
O obxectivo da campaña é conseguir unha maior concienciación de seguridade e privacidade na internet entre o alumnado dos centros docentes.
Organizan
Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) e Google. Colaboran a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), o Instituto Nacional de Ciberseguridad (Incibe), a Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN) e a Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA).
Participantes
O concurso está dirixido estudantes de ESO ou do primeiro curso de FP básica de todo o territorio nacional.
Temática
Coa colaboración dalgún/algunha docente, o alumnado deberá realizar un traballo creativo e práctico para explicar ás familias como navegar de forma segura na internet.
Premio
Tanto o alumnado creador dos mellores traballos como os seus profesores e o centro docente recibirán un premio.
  • As persoas participantes mellor valoradas recibirán unha Tablet Pixel C e os centros docentes dos tres traballos con maior puntuación recibirán entre 15 e 5 Chromebooks.
  • Para os/as profesores/as tamén haberá un premio especial.
Prazo
Ata o 16 de xuño de 2017.

Máis información: aquí


quinta-feira, 4 de maio de 2017

Certame A liga da Igualdade


Descrición
O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades (IMIO) organiza o Certame A liga da Igualdade, dirixido á poboación infantil e xuvenil de entre 6 e 20 anos de toda España.
Obxectivo
Fomentar unha repartición equilibrada de tarefas entre mulleres e homes, así como no uso do tempo, promovendo a compatibilización entre a vida persoal, familiar e laboral.
Prazo
A data límite será o 3 de xuño de 2017 ás 14:00 horas.
Participantes
O certame está aberto a todas aquelas persoas (de forma individual ou a través de grupos ou centros escolares) con idades comprendidas entre 6 e 20 anos, residentes en España e que cumpran cos requisitos establecidos en cada categoría de participación.
Modalidades
Poderase participar en todas ou nalgunha das tres modalidades do certame:
  • Fotografía: cada participante poderá presentar cantas fotografías desexe. As fotografías presentaranse de forma individual por participantes con idades comprendidas entre 6 e 20 anos. Os nenos e nenas de entre os 6 e 12 anos participarán na categoría infantil. As e os mozos de entre 13 e 20 anos participarán na categoría xuvenil.
As fotografías serán inéditas e orixinais e han de reflectir a igualdade e o traballo en equipo dentro da familia.
  • Deseño de camisetas: cada participante poderá presentar cuantos deseños de camisetas desexe. Os deseños presentaranse de forma individual por participantes con idades comprendidas entre 6 e 20 anos. Os nenos e nenas de entre os 6 e 12 anos participarán na categoría infantil. As persoas participantes con idades comprendidas entre 13 e 20 anos farano na categoría xuvenil.
Os deseños serán inéditos e orixinais e deberán incluír un slogan sobre a igualdade e a corresponsabilidade.
  • Vídeos: cada participante poderá presentar cuantos vídeos desexe. Os vídeos presentaranse de forma individual ou en grupos (máximo 3 membros) por participantes con idades comprendidas entre 6 e 20 anos. Os nenos e nenas de entre os 6 e 12 anos participarán na categoría infantil. As persoas participantes con idades comprendidas entre 13 e 20 anos farano na categoría xuvenil.
Os vídeos serán inéditos e orixinais e consistirán nunha curtametraxe sobre a igualdade e a corresponsabilidade. Non se establece unha duración determinada.
Premios
Cada un dos autores ou autoras das obras gañadoras recibirá os seguintes premios (non canxeables por outro obxecto ou diñeiro en metálico):
  • Fotografía: iPad mini. Wi-Fi. 32GB
  • Deseño de camisetas: seis (6) camisetas serigrafiadas co deseño/logo gañador.
  • Vídeo: Videocámara Outdoor - GoPro Hero. 8 megapíxeles (unha videocámara para cada integrante do equipo ata un máximo de 3).
Bases: aquí.



terça-feira, 2 de maio de 2017

Certame Literario

XXIV CERTAME LITERARIO DE POESÍA E NARRACIÓN BREVE, CAMBRE 2017

Participantes
Poderá participar neste certame mocidade de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos cumpridos antes da data límite de presentación das propostas, segundo as seguintes categorías:
  • CATEGORIA A: de 12 a 14 anos
  • CATEGORIA B: de 15 a 18 anos
  • CATEGORIA C: de 19 a 26 anos
Modalidades
Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. Na modalidade de poesía presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres. Na modalidade de narración breve a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre.
Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
Premios
Haberá dous premios por categoría e modalidade, aínda que o xurado poderá declarar desertos calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de:
  • CATEGORIA A: 1º Premio: 173,00 euros 2º Premio: 128,00 euros
  • CATEGORIA B: 1º Premio: 218,00 euros 2º Premio: 150,00 euros
  • CATEGORIA C: 1º Premio: 300,00 euros 2º Premio: 173,00 euros
Prazo
A data límite de entrega de traballos será o día 10 de maio de 2017.
Xurado
A composición do xurado darase a coñecer no acto de entrega de premios, que terá lugar no Salón de Actos do IES David Buján, o día 16 de xuño de 2017 ás 12:30 h.
Máis información aquí

quinta-feira, 27 de abril de 2017

Concurso de relatos Inspiraciencia

VI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia
Aberta a convocatoria da sexta edición de Inspiraciencia, concurso de relatos de inspiración científica, que organiza o “Consejo Superior de Investigaciones Científicas” co  patrocinio da “Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología”. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico e participativa, un espazo aberto a todos onde pensar e imaxinar a ciencia, desde a ficción.
O concurso ten dúas categorías, adulto (maior de 18 anos) e xoven (de 12 a 17 anos), e ten o galego como lingua de participación, ademais do catalán, castelán e eusquera. Os relatos (máx. 800 palabras) deben ser orixinais, de temática libre co único requisito de estar inspirados en algún aspecto científico. Preténdese favorecer a creatividade e a interdisciplinariedade entre ciencias e letras na formación dos mozos e mozas.
Prazo: ata o 17 de maio
Máis información: aquí


terça-feira, 25 de abril de 2017

Concurso Eustory 2017


Tema
Baixo o tema de patrimonio histórico, proponse que se investigue o valor histórico dun ben, que se reconstrúa a historia dun elemento da contorna hoxe desaparecida, que se profunde na situación e o impacto do patrimonio que nos rodea.
Destinatarios/as
Alumnado español ou con residencia en España, portugués ou con residencia portuguesa, dos niveis equivalentes a 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, FP regrada e ESPA menores de 21 anos.
Formato
O formato é libre. Pode tratarse dun traballo escrito (que poderá ter unha extensión máxima de 100 páxinas a dobre espazo), pero tamén de presentacións con diapositivas, fotografías, mapas, documentos audiovisuais, composicións musicais, obras artísticas, pezas teatrais,  receitas culinarias, etc.
Requisitos
O traballo poderá estar titorizado por unha persoa adulta (maior de 18 anos). Pode ser un/unha docente de historia, un/unha docente doutra materia, pero tamén un familiar, monitor, antigo participante, etc.
Os traballos poderanse realizar de maneira individual ou en grupo, e mesmo poden ser dunha aula completa. Só se permite  un traballo por persoa ou grupo.
Prazo
A data límite de recepción das obras a concurso é o día 16 de agosto de 2017. Tomarase en consideración a data do cuño.
Premios Alumnado/ Titor/a:
  • 1 primeiro premio de 2.500 € Alumnado/ 1250 € Titor/a
  • 4 segundos premios de 1.000 € Alumnado/ 500 € Titor/a
  • 5 terceiros premios de 500 € Alumnado/ 250 € Titor/a
  • 10 accésit de 200 € Alumnado/ 100 € Titor/a
Bases

Podes conseguir as bases premendo aquí.

quinta-feira, 20 de abril de 2017

Concurso de grafiti


A Fundación Barrié e a Asociación Arela convocan este concurso dirixido aos centros docentes de Galicia baixo o lema: a violencia de xénero entre adolescentes.
Os dous bosquexos gañadores poderán plasmar estes graffitis en muros destinados a este fin situados en Vigo e Pontevedra.
Prazo
Desde o 1 de abril ata o 20 de maio de 2017.
Obxectivos
  • Que o alumnado participante reflexione e cre mensaxes claras de freo á violencia machista.
  • Implicar a comunidade educativa no Programa Ktorce-18.
  • Dar protagonismo á mocidade galega.
  • Traballar sobre a violencia de xénero entre adolescentes.
Participantes
Alumnado matriculado no curso 2016/17 en centros docentes galegos en ESO, Bacharelato, FP Básica e FP de Grao Medio.
Premios
  • Os dous traballos mellor valorados poderán pintar o graffiti nun muro destinado en Vigo e outro en Pontevedra coa colaboración e supervisión dun/dunha graffiteiro/a de renome en Galicia.
  • O primeiro premio pintará o muro na cidade que elixa, e o segundo premio farao na cidade vacante.
Bases do concurso: aquí

terça-feira, 18 de abril de 2017

Concurso de relatos `Vive la Plaza Mayor´


A Rede de Bibliotecas Públicas do Concello de Madrid, co propósito de incentivar a creatividade literaria e fomentar a lectura, convoca o seu IX concurso de microrrelatos co título de Vive a Praza Maior!
A temática do certame virará ao redor da Praza Maior de Madrid con motivo da conmemoración do cuarto centenario da súa construción. Desta forma, nos textos presentados a concurso terán que aparecer en polo menos unha ocasión as palabras Praza Maior, xuntas e nesa orde.
Cada concursante poderá presentar un máximo de dous microrrelatosLa temática del certamen girará en torno a la Plaza Mayor de Madrid con motivo de la conmemoración del cuarto centenario de su construcción. De esta forma, en los textos presentados a concurso tendrán que aparecer en al menos una ocasión las palabras "Plaza Mayor", juntas y en ese orden.
Requisitos
Poderá participar calquera persoa maior de 15 anos. As obras deberán estar escritas en lingua castelá, contar cun máximo de 100 palabras máis un título que non exceda das 10.
Prazo
Do 27/03/2017 ao 15/05/2017, ata as 23.59 horas.
Dotación
Seleccionaranse 30 relatos que recibirán un diploma acreditativo. Deles, 10 serán considerados finalistas e as persoas gañadoras recibirán:
Primeiro premio
  • Un libro electrónico.
  • Un lote de material bibliográfico.
  • Catro entradas para o Bus Turístico.
  • Dúas invitacións ao teatro.
Segundo premio
  • Un libro electrónico.
  • Un lote de material bibliográfico.
  • Catro entradas para o Bus Turístico.
Terceiro premio
  • Un lote de material bibliográfico.
  • Catro entradas para o Bus Turístico.
Xurado
Estará integrado por bibliotecarios/as da Rede de Bibliotecas Públicas do Concello de Madrid.
Máis información aquí

terça-feira, 4 de abril de 2017

Concurso Nacional de Fotografía Deportiva



Período de inscrición
Do 13/04/2017 ao 21/05/2017
Información
IV Concurso Nacional de Fotografía Deportiva "Félix Ordóñez", en homenaxe ao fotoperiodista Félix Ordóñez e para fomentar e difundir os valores humanos, sociais e competitivos do deporte.
Convoca
Deputación Provincial de Burgos.
Destinatarios/as
Calquera persoa a partir de 16 anos de idade cumpridos á data de presentación de traballos.
Requisitos
O tema das fotografías será a actividade deportiva en calquera das súas disciplinas, no ámbito do deporte español, profesional ou amateur, dentro e fóra das nosas fronteiras.
Poderanse presentar un máximo de 3 imaxes (fotografías) por participante, que pode ser fotógrafo profesional ou afeccionado. Deberán ser tomadas directamente polo/a autor/a entre as datas 16 de abril de 2016 e o 21 de maio de 2017.
Dotación
Categoría profesionais
  • Primeiro Premio: 800 euros.
  • 3 mencións de 300 euros por mención.
  •  Premio especial aos valores deportivos: 500 euros.
Categoría afeccionados:
  • Primeiro Premio: 600 euros.
  • 3 mencións de 200 euros por mención.
  • Premio especial aos valores deportivos: 400 euros.

quinta-feira, 30 de março de 2017

Concurso "Contos sobre rodas"


XVII Concurso Contos sobre Rodas
Destinatarios/as
Persoas de calquera idade.
Convoca
Empresa ALSA.
Obxectivo
Fomentar a creación literaria referida ao ámbito das viaxes e o transporte en autocar, así como promover o hábito da lectura entre os viaxeiros.
Requisitos
  • Poden participar no concurso cantos autores o desexen, cunha ou máis obras escritas en castelán.
  • As obras deberán ser orixinais e inéditas, e ter algunha relación co mundo das viaxes e o transporte en autocar.
  • A extensión non poderá ser superior a 10 folios ou DIN A4 mecanografiados por unha soa cara cunha extensión máxima de 3.000 palabras.
Prazo
Ata o 30 de abril de 2017.

Bases do concurso: aquí
Premio
O Xurado, cuxo fallo será inapelable, concederá un único premio dotado con 6.000 euros.
O fallo farase público o 30 de xuño de 2017 a través da páxina web: www.alsa.es


sexta-feira, 24 de março de 2017

La voz de Galicia


XIV Concurso Mejor Periodista Infantil y Juvenil (Curso 2016-17)

Descrición
O concurso busca que o alumnado se familiarice coa lectura e o manexo do xornal e desenvolver a súa capacidade de exposición e redacción, baseándose en informacións publicadas na edición impresa ou dixital de La Voz de Galicia (Mellor Xornalista Infantil) ou mediante traballos orixinais de elaboración propia (Mellor Xornalista Xuvenil).
Destinatarios/as
Todo o alumnado galego de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos formativos de FP.
Criterios de valoración e requisitos
Avaliarase o interese dos traballos, o estilo xornalístico, a corrección gramatical e a presentación da páxina.
En ambas as categorías, a infantil e a xuvenil, os profesores deberán coordinar e revisar o traballo dos alumnos, ademais de orientalos na súa elaboración. Os/as docentes responsabilizaranse da autoría real e orixinalidade dos traballos que se presenten a concurso e, así mesmo, velarán por que o seu contido non sexa ilícito, ofensivo ou discriminatorio, nin lesione bens ou dereitos, incluídos dereitos de imaxe, de terceiros.
Idioma
Os traballos poderán presentarse en castelán ou galego.
Prazo
Ata o 30 de abril de 2017.

Máis información aquí


25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...