quinta-feira, 2 de março de 2017
Teatro ESO/BACH
quinta-feira, 27 de outubro de 2016
Para amantes del teatro
Escucha o lee su discurso al recibir el premio
Majestades,
Autoridades,
Señoras y señores del jurado,
Amigos:
quinta-feira, 2 de junho de 2016
Teatro no IES: Don Quixote
Obra de teatro escrita e dirixida por David Fernández Pérez, alumno do Máster de Formación do Profesorado (USC) e representada por alumnos de 1º BAC B. Nesta obra participaron máis de sesenta alumnos de 1º e 2º de BAC. Os alumnos dividironse en cinco grandes bloques:
- Elenco de actores
- Membros de decorado
- Membros de vestiario
- Membros de organización de esceas e son
A mencionada obra presentouse un adianto o día da graduación dos alumnos de 2º de BAC coa archicoñecida escea dos muíños e ao día seguinte presentouse toda a obra no Salón de Actos.
As esceas estiveron relacionadas coas pasaxes máis significativas da obra, como a de don Quixote cando é armado cabaleiro, o escrutinio da biblioteca, os galeotes, o castelo con duques...
Co gallo do cuarto centenario da morte de Miguel de Cervantes Saavedra representouse esta adaptación na procura de fomentar da lectura da obra máis importante das letras hispánicas, o Quixote. A continuación amosamos unha selección de imaxes e a reprodución audiovisual da adaptación.
quarta-feira, 20 de maio de 2015
Semana do drama na Biblioteca
Miguel Álvarez Pérez ( Secretario)
Daniel Boullosa Obelar (Técnico de son e audio)
Mercedes Gómez López (Soldado)
Lidia González Rodríguez ( Estudante)
Francisco Ibañez López ( Estudante)
Antón LLenderrozas Ron (Pai)
Marta Rodríguez Matanzas ( Soldado)
Antía Romero Villamor ( Voceira tribunal)
Uxía Rouco Álvarez ( Voceira tribunal)
Juan David Serrano López ( Presidente do tribunal)
Andrea Teijeiro González ( Galileo)
Irina Vidal Quiñoá (lacaio)
E coa colaboración especial de Susana Fernández Carreira ( nai)
sábado, 12 de maio de 2012
A non perder
quarta-feira, 11 de maio de 2011
Teatro, flamenco y hip-hop

La puesta en escena se desarrolla en clave musical, incluyendo flamenco y hiphop.
Este montaje supone la "segunda entrega" del Proyecto Teatro Imarginario, que TNT puso en marcha al abrir el Centro Interrnacional de Investigación Teatral y que resulta la prueba más palpable de que "otro teatro es posible". ¿Se animará el Concello de Lugo a traer al grupo a nuestra ciudad en las próximas jornadas de teatro clásico?
sexta-feira, 1 de abril de 2011
Homes en escabeche
Homes en escabeche é unha peza teatral do grupo lugués Hipócrita Teatro, dirixida por Carlos Rebolo, coa que hoxe poderemos rir, pensar e ser solidarios: rir, por ser unha comedia, pensar e actuar en consecuencia, porque quedan en evidencia os aínda numerosos tabús a respecto da muller na nosa sociedade e a diferente educación que receben homes e mulleres aquí e agora. A recadación irá parar a un proxecto solidario nas Filipinas.
Cando e onde: Auditorio Gustavo Freire, 20h30
quarta-feira, 19 de janeiro de 2011
Teatro en Lugo
Descoñecemos o motivo polo que, ano após ano, o Concello de Lugo, organizador do evento, escolle compañías teatrais que se expresan, na maioría, en lingua castellana; tamén na Galiza e en Portugal -por non nos alonxarmos moito, nin espacial, nin lingüisticamente- existen grupos e creadores teatrais que encaixarían nesta mostra. Dito sexa por aquilo do multilingüismo.
Aquí no programa, temos información de cada unha das obras:
sexta-feira, 26 de novembro de 2010
Taller de Teatro en Inglés
quinta-feira, 4 de novembro de 2010
O noso anfiteatro
Os romanos si construíron nesta cidade un anfiteatro para uns 2.800 espectadores: eran tempos!
Hoxe, no blogue Iniciarte, en que moito podemos aprender, divulgan información sobre esta edificación que, polo que se anosa e polo seu interese, recollemos:
Posúe unhas dimensións exteriores de 234 x 216 pés, (69.26 x 63.93 m.) en ambos os eixos, que son múltiplos das dimensións 13 e 12 que compón a escuadra pitagórica que rexe a xeometría da cidade e os seus edificios.
O anfiteatro está situado no exterior da urbe, na fachada oeste-suroeste, no camiño de acceso á porta principal da cidade que, desde o Decumanus Máximo comunicaba directamente coa vía proveniente de Braccara Augusta, o río Miño e as termas medicinais existentes na súa beira. Nesta ladeira construíronse ao longo do século I d.C. ademais do anfiteatro, a palestra dos gladiadores, o templo de Isis, (de acordo ao mandato expreso de Augusto), e o templo de Venus.
O texto orixinal, as imaxes e o vídeo proceden de Amphitheatrum. Máis información sobre este tema, aquí.
sábado, 17 de abril de 2010
Exemplo de xente nosa
Vale a pena escoitar. Clica aquí para o seguir.
Obrigada, Pilar
terça-feira, 16 de fevereiro de 2010
sábado, 26 de dezembro de 2009
Teatro para ler.Premios Marqués de Bradomín 09
Non queremos etiquetar estas obras como "teatro para ler", mais é a opción que, por agora, temos para entrarmos no escenario a que nos conducen estas magníficas propostas de tres xovens dramaturgos: Llàtzer Garcia, Fernando Epelde e Maykol Hernández.
Son datas apropiadas para irmos a este teatro ideal, só con clicarmos na seguinte publicación:
segunda-feira, 22 de junho de 2009
Mavisa+PDC 3º+Creatividade=Que é a vida?
Non, non se fora do instituto; mais a pesar de que tíñamos ouvido falar moito da súa forza creadora -Luís Tosar tenlla recoñecido publicamente-, a maioría das persoas que integramos esta comunidade educativa non tivéramos a oportunidade de a aprezar directamente.
E, o pasado venres, impactou: Que é a vida? é o título do espectáculo que organizou para ser encenado polo alumnado do PDC de 3º. E foi un traballo que implicou a calquera persoa que entrase no instituto e quixese participar porque, desde hai uns quince días, na entrada norte, un buzón especial convidaba a responder a pregunta que titulou a obra. As respostas, expostas despois no mesmo lugar, tras un formoso traballo de compilación, foron parte da escenografía e do texto dramatizado.
E o resultado final foi un grande exemplo de interdisciplinariedade onde, por uns minutos e nunha simbiose harmónica, encaixaban o século XVII e o XXI, La vida es sueño, Las Meninas e Martillo Vago, as materias de Historia, Lengua Castellana e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Plástica... enfin, Teatro da Arte.
E tivemos pena de que acabase, mais, como dixo Mavisa, a vida tamén é efémera.
Como non todo o persoal puido asistir, por aquí quedan uns testemuños (non perdades a beleza dos vestidos: non lles faltaba detalle):
Moitas grazas, Mavisa; esperamos continuidade. Grazas a actrices e actores.
sexta-feira, 8 de maio de 2009
Proxecto interdisciplinar: Galicia no mundo
La profesora Doña Aurea Castro Conde presentó hoy a los estudiantes de primer ciclo de la ESO de nuestro centro la obra de teatro "Galicia no mundo". Esta obra forma parte del proyecto interdisciplinar "Europa" en el que los estudiantes de 1º ESO han estado trabajando durante todo el curso.
Con una actuación impecable de los actores y actrices y un trabajo realmente profesional de los técnicos de luces, sonido, etc (todos ellos estudiantes de 1º ESO... y la ayuda de algún que otro profesor/a)la obra deleitó a todo el personal que llenaba el salón de actos.
Dentro de unos días se repetirá la representación en un recreo para que podamos disfrutarla todos.
Congratulations, Aurea and company!!
quinta-feira, 2 de abril de 2009
Candido Pazó contou para nós
O espectáculo non deixou indiferente ninguén e só tivo unha eiva: apenas o puido seguir o alumnado de 4º de ESO, por causa das limitacións do aforo; como é pena ficarmos así, cos dentes longos, pedimos a quen asistiu que nos deixe nos comentarios as impresións vividas e a opinión sobre este tipo de actividades. En troca, deixamos estas fotos e prometemos algo máis:
Palabra de Cándido Pazó on PhotoPeach
quarta-feira, 11 de março de 2009
XV Festival Internacional de Teatro Universitario. Lugo

Data e lugar: Do 24 ao 30 de marzo no Auditorio Gustavo Freire ás 21:00 h.
Entrada gratuíta, previo paso pola billeteira.
Recollida de entradas: media hora antes da función
Autobuses desde a Escola Universitaria de Formación de Profesorado ás 20:15 e desde o pavillón central da Facultade de Veterinaria ás 20:30 h
Día 24 de marzo
AULA DE TEATRO DA USC - COMPAÑÍA DE TEATRO DE LUGO
Sussie, de Carol López
Lingua: galego
Día 25 de marzo
MOCT TEATP, UNIVERSIDADE PÚBLICA DE MOSCOVA (RUSIA)
Un xeño corrente (musical), de Vadim Shefner
Lingua: ruso
Día 26 de marzo
TEATRO RODANTE, UNIVERSIDAD DE PUERTO RICO (RECINTO DE RÍO PIEDRAS)
El Lazarillo, Versión de José Luis Ramos Escobar
Lingua: castelán
Día 27 de marzo
ESCUELA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICO DE MURCIA
La tempestad, de William Shakespeare
Lingua: castelán
Día 28 de marzo
AULA DE TEATRO DA UNIVERSITAT D´ALACANT
Abuelos (Las cerezas de la memoria), de Juanluis Mira
Lingua: Castelán
Día 29 de marzo (2 funcións)
17:30 h
Aula infantil de teatro “Gepetto”. Universidade de Vigo. Campus de Ourense
Rescuita e o Reino dos Sentimidos
Aforo limitado a 50 persoas
Idade recomendada 3 anos en adiante
21:00
AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
COMPAÑÍA DE TEATRO
Xogos á hora da sesta, de Roma Mahieu. Tradución e adaptación de Cándido Pazó
Lingua: galego
Día 30 de marzo
AULA DE TEATRO “MARICASTAÑA”. UNIVERSIDADE DE VIGO - CAMPUS DE OURENSE
Hide (Oculto), Dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de "O extraño caso do Dr. Jekyll e Mr. Hyde" de Robert Louis Stevenson
Lingua: galego
quarta-feira, 28 de janeiro de 2009
Dosier Cachai
Dosier Cachai: Aula Aberta de Filosofía: Eis a actividade teatral que presenciaron 127 alumnas e alumnos de 2º de bacharelato do instituto e que se desenvolveu no auditorio Gustavo Freire, co patrocinio da Concellalía de Cultura.
En base a unha obra de teatro que presenta as vivencias de dous irmáns que quedan orfos, como consecuencia da represión acaecida despois do golpe de estado de Pinochet, en Chile, oferécese unha reflexión sobre as implicacións que afectan a cidadanía por causa das decisións políticas e búscanse as bases antropolóxicas da opresión, da inustiza, da fame, da tortura...
o xogo que se propón é pensarmos o mundo de hoxe, pensármonos a nós propios, pensarmos os outros no mundo globalizado en que vivimos.
Para saber máis podes ler isto, e, aprenderás que Cachai é, antes de máis, unha reivindicación da lucidez, saberás da orixe da palabra e outras informacións atractivas.
Agradecemos que vós, que vistes a representación, nola acheguedes a quen non tivemos a oportunidade por medio dos vosos comentarios.
Pedro Varela
terça-feira, 1 de abril de 2008
Teatro Universitario

Está a decorrer en Lugo o XIV Festival Internacional de Teatro Universitario.
Hoxe, día 1, a Aula de Teatro Universitaria de Ourense, Maricastaña, apresenta 84, dramaturxia de Fernando Dacosta baseada na novela 1984 de George Orwell, seudónimo de Eric Arthur Blair
O pase será no Auditorio Municipal Gustavo Freire, ás 20.30, con entrada gratuíta, previo paso pola billeteira.
O grupo de teatro Maricastaña, integrado por máis de dez actores e actrices, dan vida a unha das anti-utopías máis desenvolvidas na literatura: a vida cotiá dunha sociedade oprimida por um rexime totalitario, en que o Estado está por riba de todo, crea e elimina conforme lle convén. Este mundo, na ficción de Orwell, está liderado polo “grande irmán” (Big Brother) que vixía todo e instala o medo de falar e de actuar entre as persoas.
Para consultar as funcións dos próximos días, podes visitar a Axenda Cultural do Concello.
Non deixes pasar esta oportunidade: non son moitas as que temos na cidade para ver espectáculos teatrais.
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Só coa túa colaboración, encotraremos solucións. Le con calma o cartaz que colocamos a continuación; se non entendes algo, pregunta ao pro...
-
Entre todos podemos ayudarnos a reflexionar sobre lo que nos indigna la violencia y lo que necesitamos la paz. ¿Se te ocurre algún libro, a...
-
II Concurso Lecturas Compartidas: Libros que deixan pegada Con motivo do Día do Libro e do Día das Letras Galegas , a Biblioteca Ollos Gran...







