Etiquetas

Mostrar mensagens com a etiqueta Lin e recomendo. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Lin e recomendo. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 19 de abril de 2012

23 de abril Día do Libro

Durante a semana do 23 ao 27 de Abril, a biblioteca convídavos a homenaxear o libro coas seguintes actividades:
  •  Exposición de libros no corredor da Biblioteca. 
  •  Libro en branco a carón da exposición para que nos escribades o título do libro e autor co que máis gozastes. 
  •  Entrega dos libros doados polos distintos Departamentos á Biblioteca Antón Moreda de Calde
E, de agasallo, deixámosvos este fermoso vídeo:

sexta-feira, 29 de outubro de 2010

Lin e recomendo (II)

Nesta ocasión, son as irmás Rocío e Noemí Fernández Castro, grandes leitoras, quen recomendan Perdona si te llamo amor de Federico Moccia:

É un dos libros que máis nos gustaron porque é fresco, os diálogos son rápidos e áxiles, actuais, con moitas referencias a películas e cancións coñecidas.
A amizade está por riba de todo e a historia de amor de Niki e Álex é tremendamente romántica.
No verán pasado estreárono no cine, pero a versión literaria é infinitamente mellor.
Recomendamos este libro a todo o mundo, igual que o resto dos do autor.

terça-feira, 26 de outubro de 2010

Lin e recomendo (I)

Acabando este mes de outubro, internacionalmente declarado  Mes da Biblioteca Escolar, iniciamos a sección  Lin e Recomendo para a que esperamos numerosos contributos: é tan fácil como enviar un correo-e para o enderezo da biblioteca (na columna lateral) co texto que se desexe publicar ou entregando a recomendación ao profesorado da biblioteca. Sendo por correo-e, indica no "asunto"  o título desta sección.
O punto de partida debémolo a unha lectora excepcional, Xela Lodeiro. Comezamos hoxe por esta primeira suxestión (haberá máis):

El último Catón (Matilde Asensi): Este libro trata da investigación de un cadáver encontrado con unha extraña simboloxía por todo o corpo, o que levará a Ottavia, a protagonista,  a unha serie de probas para desvelar un enorme segredo.
Esta novela gustoume porque é moi entretida, por manter o misterio até ao final, por todos os símbolos e  mensaxes ocultas e porque engancha desde o principio.

Das linguas estudadas no noso centro, para alén da orixinal, podes ler esta novela en alemán, inglés e portugués.

Moitas grazas, Xela

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...